Bellinzona
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado federado | Suíza | ||||
Cantóns | Tesino | ||||
Distrito (pt) | Distrito de Bellinzona (pt) | ||||
Subdistrict of the canton of Ticino (en) | Bellinzona Subdistrict (en) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 43.785 (2023) (265,43 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua italiana | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 164,96 km² | ||||
Bañado por | Rio Ticino (pt) | ||||
Altitude | 230 m | ||||
Comparte fronteira con | Arbedo-Castione (pt) Riviera (pt) Lavertezzo (pt) Vogorno (pt) San Vittore (pt) Sant'Antonino (pt) Lumino (pt) Comunanza Cadenazzo/Monteceneri (en) Cugnasco-Gerra (pt) Isone (pt) Roveredo (pt) Cadenazzo (pt) San Nazzaro Val Cavargna (pt) Ponte Capriasca (pt) Cavargna (pt) Gravedona ed Uniti (en) | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Santo padrón | Pedro | ||||
Organización política | |||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 6500, 6501 e 6503 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 091 | ||||
Código de municipio suízo | 5002 | ||||
Lugar do Patrimonio suízo | |||||
Páxina web | bellinzona.ch |
Bellinzona (en italiano Bellinzona, en francés Bellence/Bellinzone, en alemán Bellenz/Bellinzona, en latín Bilitio) é unha cidade suíza, capital do cantón do Tesino e do distrito de Bellinzona.
Historia
[editar | editar a fonte]A cidade foi mencionada por primeira vez co nome de Bilitio nun texto escrito no ano 590, cando ocorreu o encontro entre unha fracción de guerreiros francos en dirección do paso de Lucomagno e os longobardos que habitaban na fortaleza de Bellinzona:
Olo autem dux ad Bilitionem huius urbis castrum, in campis situm Caninis, inportunae accedens, iaculo sub papilla sauciatus, cecidit et mortuus est
Durante o alto medioevo Bellinzona convértese nun lugar de grande importancia entre Como e Milán, para entrar na grande órbita milanesa a partir do século XV. Na primeira metade do século XVI, seguindo as complexas vicisitudes político-militares do ducado de Milán, Bellinzona foi cedida polos franceses aos confederados suízos. A cidade será controlada como bailía (especie de colonia) até finais do século XVIII cando Napoleón invade o territorio suízo, obrigando á creación de dous cantóns soberanos no sur, o cantón de Bellinzona e o cantón de Lugano, que logo se fusionarían en 1803 para daren vida ao cantón do Tesino.
Bellinzona foi escolleita coma capital cantonal, logo de varias décadas de rotación da cidade capital entre Lugano e a mesma Bellinzona. Actualmente, a cidade é a sede do goberno cantonal tesinés e do Tribunal Penal Federal. Neste momento, atópase en discusión a posibilidade de fusión da cidade, coas comunas limítrofes do distrito, coa idea de obter un mellor realce urbano e un maior peso tanto a nivel cantonal como a nivel nacional, ademais de obter maiores fontes de financiamento e reducir os custos da administración dunha rexión en crise económica.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A cidade atópase situada no centro de cantón, a beiras do río Tesino. A localidade atópase nunha posición de camiños privilexiada. Da cidade parten as rutas cara aos pasos do San Gotardo, Lucomagno, San Bernardino e de Nufenen. Bellinzona está nunha altura de 238 metros sobre o nivel do mar, ten unha superficie de 19,84 km² e a súa poboación a decembro de 2006 era de 16 983 habitantes. Limita ao norte coa comuna de Gorduno, ao leste con Arbedo-Castione, ao sur con Sant'Antonio, Pianezzo e Giubiasco, e ao oeste con Monte Carasso.
Cultura
[editar | editar a fonte]A cidade é famosa polos seus tres castelos: Castelgrande, Montebello e Sasso Corbaro, os cales pertencen desde o ano 2000 ao Patrimonio da Humanidade da Unesco, así como a muralla do antigo burgo.
Divisións
[editar | editar a fonte]A Comuna de Bellinzona comprende as seguintes circunscricións electorais:
- Centro Sud.
- Centro Nord.
- Daro (fracción).
- Carasso e Galbisio (fracción).
- Ravecchia (fracción).
- Semine.
- Gerretta.
- Pedemonte.
- Artore (fracción).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bellinzona |