Content-Length: 195893 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Benevento

Benevento - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Benevento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBenevento
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°08′N 14°47′L / 41.13, 14.78
PaísItalia
RexiónCampania
ProvinciasProvincia de Benevento Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación56.201 (2023) Editar o valor en Wikidata (429,54 hab./km²)
Xeografía
Superficie130,84 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porCalore Irpino (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude135 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónBertomeu Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoClemente Mastella (2016–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal82100 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico0824 Editar o valor en Wikidata
Identificador ISTAT062008 Editar o valor en Wikidata
Código catastral italianoA783 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webcomune.benevento.it Editar o valor en Wikidata
BNE: XX459317

Benevento (italiano Benevento, latín Beneventum, grego Benebentos) é unha cidade de Italia na Campania, capital da provincia de Benevento. Está na confluencia dos ríos Sabato e Calore Irpino, e tiña 63.026 habitantes o 2005. A comuna de Benevento esténdese por unha área de 129 km² e ten lindes cos concellos de Apollosa, Castelpoto, Foglianise, Fragneto Monforte, Paduli, Pesco Sannita, Pietrelcina, San Leucio del Sannio, San Nicola Manfredi, Sant'Angelo a Cupolo e Torrecuso.

Antes de Roma

[editar | editar a fonte]

A lenda atribúe a súa fundación a Diomedes. Festo di que foi fundada por Ulises e Circe e que unha tradición dicía que foi unha cidade dos ausonios antes de ser ocupada polos samnitas. A cidade, que se chamaba Malaventum ou Malebentos (probabelmente derivado do osco Maloeis ou Malieis), estaba poboada polos hírpinos (segundo Plinio o Vello) ou polos samnitas (Tito Livio e Tolomeo). Foi unha das principais do Samnio e era unha posición moi forte que non foi atacada polos romanos nas dúas primeiras guerras samnitas, pero foi atacada e ocupada na terceira guerra se ben nun momento que non se lembra; xa era romana o 274 a.C., e pouco despois Pirro de Epiro foi derrotado nas súas inmediacións polo cónsul Mario Curio Denato nunha gran batalla probabelmente o 268 a.C., que decidiu a retirada do epirota de terras italianas, despois do cal se estableceu nela (-268) unha colonia romana con dereito latino, e entón tomou o nome de Beneventum, porque o antigo nome considerábase de mal augurio.

Nas mans de Roma

[editar | editar a fonte]

Converteuse logo nunha cidade prospera. Na segunda guerra púnica foi ocupada por gornicións romanas varias veces como castelo importante preto de Campania. Nas súas inmediacións libráronse dúas batallas:

  • A primeira o 214 a.C. na que o xeneral cartaxinés Hannón foi derrotado por Tiberio Graco.
  • A segunda o 212 a.C. na que o xeneral Hannón, que acumulara moitas provisións e gran no seu campamento, foi asaltado polo cónsul romano Quinto Fulvio, quen arrebatou ao cartaxinés as provisións.

A rexión foi asolada polos cartaxineses, pero aínda así o -209 foi unha das dezaoito colonias latinas que puido pagar o diñeiro establecido por Roma, así como o continxente de soldados, destinado todo á guerra contra Haníbal.

O arco de Traxano, nun gravado do século XVIII de Piranesi. Algúns dos relevos están hoxe en día no Museo Británico

Non participou na guerra social, ou polo menos non quedou constancia. Seguramente foi a paz do século I a que produciu que ao cabo da república era unha das cidades máis ricas de Italia. No segundo triunvirato o territorio da colonia foi repartido polos triunviros entre os seus veteranos, e pouco despois estableceuse unha nova colonia baixo Augusto, que incorporou na cidade o territorio da cidade de Caudium. Nerón fundou outra colonia que se chamou Colonia Concordia Beneventum e durante o reinado de Septimio Severo levaba os títulos de Colonia Iulia Augusta Concordia Felix Beneventum. A súa situación na Vía Apia xusto na unión coa Vía Traiana que levaba a Apulia, e noutra vía que levaba a Venusia e Taranto permitiulle continuar a ser unha cidade importante e rica durante o imperio e a principal do sur de Italia. Foi visitada por moitos emperadores e son lembradas especialmente as visitas de Nerón, Traxano e Septimio Severo. Por Traxano erixiuse un arco triunfal (que foi acabado en tempo de Hadriano). Algúns emperadores restauraron a cidade ou construíron edificios nela.

Administrativamente a cidade foi incluída no territorio dos hírpinos, e dentro do devandito foi incorporada á segunda rexión de Augusto, pero máis tarde foi incorporada a Campania e posta baixo control do cónsul da provincia. Os habitantes de Beneventum serían incluídos dentro do tribo Stellatina. O territorio de Benevento baixo o imperio romano era bastante cumprido, e para o oeste ía ata Caudium que formaba parte dela (menos a cidade mesma); ao norte ata Tamarus incluíndo a vila de Pago (antes Pagus Veianus); ao nordeste, ata a mesma cidade de Equus Tuticus (hoxe San Eleuterio, preto de Castel Franco) e ao leste e sur ata a fronteira do territorio de Aeculanum e Abellinum. Numerosas aldeas dependían da cidade: coñécense os seus nomes pero, en xeral, non están identificadas.

Despois do Imperio, nas guerras góticas, foi ocupada por Tótila, que arrasou as murallas, pero despois serían restauradas, e recobrou a prosperidade.

Ver artigo principal: Ducado de Benevento.

Baixo dominio longobardo desde o 571, foi capital dun ducado o 573, que vai manterse como un ducado independente despois da desaparición do reino longobardo e se converteu despois en principado.

Os normandos e a Santa Sé

[editar | editar a fonte]

O 1081 a cidade foi conquistada polo normando Robert Guiscard quen lla entregou á Santa Sé, e desde entón foi un feudo do Papa. O 1266 Carlos I de Anjou derrotou a Manfredo de Hohenstaufen na batalla de Benevento.

O 1443 o Papa Uxío IV nomeou vicario da cidade ao rei de Aragón Afonso IV, ao que o 1455 deu a cidade en feudo. A cidade foi posesión da Papa ata o 1806 cando Napoleón entregouna a Tayllerand como principado. O 1815 o Congreso de Viena devolveullas o Papa. Participou ás revoltas de 1820, 1848 e 1860 e neste último ano quedou unida ao reino de Italia.

Monumentos

[editar | editar a fonte]

Na cidade quedan restos do seu antigo esplendor: o arco triunfal de Traxano xa mencionado, construído o 114, e que está nun dos accesos da cidade chamado antes Porta Aurea; restos das murallas, do anfiteatro, unha ponte sobre o río Calore (antigo Calor), cerámicas e pinturas, fragmentos de esculturas, inscricións latinas; e no que fai a edificios é preciso mencionado o chamado Caesareum, unha especie de Curia, onde se reunía o senado local; a basílica; algúns pórticos e as termas (do tempo do emperador Cómodo).

Evolución demográfica

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Benevento

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy