Content-Length: 103910 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Bestla_(l%C3%BAa)

Bestla (lúa) - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Bestla (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bestla ou Saturno XXXIX (a súa designación provisional era S/2004 S 18) é unha lúa irregular de movemento retrógrado de Saturno. O seu descubrimento foi anunciado por Scott S. Sheppard, David C. Jewitt, Jan Kleyna, e Brian G. Marsden o 4 de maio de 2005 a partir de observacións feitas entre o 13 de decembro do 2004 e o 5 de marzo do 2005.

Bestla ten uns 7 kms de diámetro, e orbita Saturno a unha distancia media duns 20,192 millóns de kms en 1088 días, cunha inclinación orbital de 147° respecto da eclíptica (151° respecto do ecuador de Saturno), posúe un movemento retrogrado e unha excentricidade orbital de 0,5176.[1] Algunhas observacións feitas no 2005, suxiren que Bestla podería ter unha grande excentricidade, dun valor de 0,77.[2] Coma moitas outras lúas irregulares de xigantes gasosos, a excentricidade de Bestla podería variar coma resultado do efecto de Kozai.

Recibiu o seu nome oficial en abril do 2007, unha xigante de xeo da mitoloxía nórdica, nai de Odín.

  1. Jacobson, R.A. (2007) SAT270, SAT271 (28-06-2007). JPL/NASA, ed. "Planetary Satellite Mean Orbital Parameters". Consultado o 19-01-2008. 
  2. Brian G. Marsden (03-05-2005). Minor Planet Center, ed. "MPEC 2005-J13 : Twelve New Satellites of Saturn". Consultado o 19-01-2008. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]










ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Bestla_(l%C3%BAa)

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy