Brian Gubby
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de abril de 1934 (90 anos) Epsom, Reino Unido |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, entrenador de cabalos |
Deporte | automobilismo deporte ecuestre |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Brian Gubby, nado en Epsom (Surrey) o 17 de abril de 1934, é un adestrador de cabalos de carreiras e expiloto de automobilismo inglés. Como piloto de carreiras, Gubby competiu brevemente na Fórmula 1 durante a década de 1960.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Despois de completar o seu servizo militar na década de 1950, Gubby converteuse nun comerciante independente e, ao longo da súa carreira, desenvolveu os seus intereses comerciais que inclúen varios garaxes e salas de exposicións de automóbiles, un hotel e unha empresa de construción.[1]
Andaina nas carreiras
[editar | editar a fonte]Gubby comezou a súa carreira deportiva nos rallyes, e tamén participou en carreiras de velocidade cun Austin A30 e un Jaguar de 3.8 litros[2] antes de cambiar aos monoprazas da Fórmula Júnior a comezos de 1960. Durante este tempo, correu cun Lotus Eleven, un Lotus 18 e tamén un Ausper T4.[2] Foi testemuña da morte do seu amigo Dennis Taylor nunha carreira de Fórmula Júnior en Monte Carlo en 1962, máis tarde describiuno como o peor accidente que viu. O coche de Taylor tocou as rodas coas de Denis Hulme e Taylor estrelouse contra nunha árbore. "Tiven que esquivar todos os restos e estaba case enfermo no coche", recordou Gubby.[1]
Posteriormente pasou a Fórmula Libre e mercou un Lotus 24 azul escuro. Con este coche gañou o Gold Flake Trophy en Leinster e unha carreira no Phoenix Park, animado por este éxito, decidiu subir á Fórmula Un. Dirixiuse a Sicilia cun mecánico nunha VW pickup, para participar no Gran Premio do Mediterráneo de 1964 no Autodromo di Pergusa.[3] Na práctica, logrou o oitavo mellor tempo e superando ao seu rival máis próximo Peter Revson por un segundo,[4] O Lotus de Gubby sufriu unha falla na roda e estrelouse fortemente contra unha vala de malla. "Os Lotus sempre se desmoronaban... Terminei de cabeza para abaixo no bosque, envolto en arame coa boca chea de follas e herba", recordou.[1] Puido desconectar a batería paraa evitar un incendio e algúns mecánicos italianos chegaron á escena para liberalo, pero non puido participar na carreira. A roda que fallou obtiveraa do equipo BRP despois dunha das súas propias rodas desenvolvera unha grieta.[2]
O único intento de participar de Gubby nunha carreira do Campionato do Mundo de Fórmula Un, o Gran Premio do Reino Unido de 1965 en Silverstone tamén terminou con problemas na práctica. Na curva de Woodcote, saltou a sexta velocidade do seu Lotus a 273 km/h, e Gubby viuse obrigado a manter a panca de velocidad mentres trompeaba a alta velocidad. Entón decidiu retirarse do deporte e non asistir á sesión de práctica do día seguinte. Recórdou máis tarde: "Eu estaba pilotando cun presuposto limitado e pensei:"Brian, tes unha familia para coidar e acabarás matándote".[1] Inscribírase no Gran Premio do Mediterráneo de 1965, pero retirou a súa inscrición[5] e vendeu o seu Lotus a Stirling Moss para ser usado por unha empresa cinematográfica que traballaba con Steve McQueen.[1]
Carreiras de cabalos
[editar | editar a fonte]Gubby era fillo dun jockey e logo da súa andaina nas carreiras de motor converteuse en adestrador de cabalos de carreiras, con base en Bagshot, Surrey.[2] O cabalo máis exitoso que adestrou ata a data é o velocista Gabitat, gañador de dez carreiras, incluído no Grupo 3 Duke of York Stakes en York en 1984, e o Grupo 3 Goldene Peitsche en Baden-Baden en 1984 e 1985.[1] Outros cabalos coñecidos adestrados por Gubby son Easy Dollar, Omaha City e, máis recentemente, Son of the Cat, que gañou o Stewards' Sprint Handicap en Goodwood en xullo de 2011.[6]
Ten unhas instalacións de adestramento de 32´4 hectáreas e no seu pico, mantivo ata 16 cabalos, todos en propiedade. Agora con menos cabalos, Gubby aínda realiza a maior parte das tarefas diarias, incluíndo montar a cabalo. [1]
Rexistro de carreiras
[editar | editar a fonte]Resultados Completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1965 | Brian Gubby | Lotus 24 | Climax V8 | RSA | MON | BEL | FRA | GBR NSC |
NED | ALE | ITA | USA | MEX | NC | 0 |
Resultados na Fórmula 1 fora do campionato
[editar | editar a fonte](clave)
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1964 | Brian Gubby | Lotus 24 | Climax V8 | DMT | NWT | SYR | AIN | INT | SOL | MED NTS |
RAN |
1965 | Brian Gubby | Lotus 24 | Climax V8 | ROC | SYR | SMT | INT | MED WD |
RAN |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Interview with Brian Gubby", Steve Dennis, Racing Post, 23 de agosto de 2011
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Brian Gubby". Historic Racing. Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2019.
- ↑ "The Formula One Archives: 1964 Mediterranean Grand Prix". Consultado o 7 de agosto de 2011.
- ↑ "The Formula One Record Book", John Thompson, 1974.
- ↑ "The Formula One Archives: 1965 Mediterranean Grand Prix". Consultado o 7 de agosto de 2011.
- ↑ "Far side dominates in Stewards' Sprint". Racing Post. 30 de xullo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2012. Consultado o 7 de agosto de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Brian Gubby |