Cidade metropolitana de Reggio de Calabria
A cidade metropolitana de Reggio de Calabria (en italiano città metropolitana di Reggio Calabria) é unha das 14 cidades metropolitanas de Italia, situada na rexión da Calabria.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Ocupa unha superficie de 3 183 km², e a súa poboación, segundo o censo do 31 de agosto de 2018, era de 549 505 habitantes,[1], polo que a súa densidade de poboación nesa data era de 172,64 hab./km².
A cidade metropolitana engloba 97 municipios (comune).
Historia
[editar | editar a fonte]O establecemento da cidade metropolitana de Reggio de Calabria tivo lugar o 31 de xaneiro de 2016, ao finalizar o mandato do presidente da provincia de Reggio de Calabria, Giuseppe Raffa, despois dun "semestre branco" durante o cal se produciu a transición da provincia á cidade metropolitana.[2]
O 7 de agosto de 2016 celebráronse eleccións de segundo nivel (indirectas) para elixir o primeiro Consello metropolitano.[3] O cargo de alcalde metropolitano (sindaco metropolitano) foi cuberto por Giuseppe Falcomatà, alcalde (sindaco) de Reggio de Calabria.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Catedral de Reggio de Calabria
-
Castelo Ruffo, Scilla
-
Bova, capital cultural da Bovesia
-
Catedral e "Porta dos Bispos", Gerace
-
Rochas Agliastro, Palmi
-
Castelo Mezzatesta, Seminara
-
Mosteiro ortodoxo de San Giovanni Theristis, Bivongi
-
Torre Ruggiero, Bagnara Calabra
-
Cattolica de Stilo, igrexa bizantina do século IX
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "ISTAT - Bilancio demografico mensile agosto 2018". Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2018. Consultado o 16 de abril de 2019.
- ↑ "A gennaio 2017 la Città Metropolitana di Reggio Calabria diventerà realtà". www.strill.it. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2019. Consultado o 16 de abril de 2019.
- ↑ "Reggio Calabria, il 7 agosto le elezioni per la Città Metropolitana: ecco come funzionano". 7 de xullo de 2016. Consultado o 16 de abril de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial (en italiano).