Eleonora Duse
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (it) Eleonora Giulia Amalia Duse 3 de outubro de 1858 Vigevano (Reino de Sardeña) |
Morte | 21 de abril de 1924 (65 anos) Pittsburgh (Estados Unidos de América) |
Causa da morte | pneumonía |
Lugar de sepultura | Central Cemetery of Asolo (en) |
Residencia | Asolo (pt) |
Actividade | |
Ocupación | actriz, actriz de teatro, guionista, actriz de cinema |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Parella | Gabriele d'Annunzio |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Дузе Элеонора) Obálky knih, Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
|
Eleonora Giulia Amalia Duse, máis coñecida como Eleonora Duse, nada en Vigevano o 3 de outubro de 1858 e finada en Pittsburgh o 21 de abril de 1924, foi a máis soada actriz de teatro italiana de finais do século XIX e principios do século XX.
Alcanzou gran fama por interpretar os papeis do escritor noruegués Henrik Ibsen, ademais dos clásicos. Foi contemporánea das divas británicas Patrick Campbell e Ellen Terry e tamén da diva francesa Sarah Bernhardt, coa que sostivo unha longa rivalidade profesional e persoal.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Inicios
[editar | editar a fonte]Cóntase que naceu nun vagón de tren e que o seu primeiro papel o interpretou aos catro anos, xa que a súa familia era de actores teatrais. Os seus pais foron os actores Alessandro Vincenzo Duse e Angelica Cappelletto. O seu primeiro papel protagonista realizouno aos 14 anos cando encarnou a Xulieta de Shakespeare.
Tivo rivalidade coa famosa actriz francesa Sarah Bernhardt, quen era contemporánea súa; con todo, posuían estilos moi diferentes, xa que Eleonora buscaba comprender a mentalidade da personaxe e Sarah imprimíalle o seu selo persoal ás personaxes que interpretaba. A pesar destas diferenzas de estilo, ambas as actrices sostiveron unha longa rivalidade para lograr ser consideradas "a mellor actriz do mundo" por parte do público. No persoal, a relación que Gabriele d'Annunzio sostivo coas dúas divas fomentou aínda máis a rivalidade.
Matrimonio
[editar | editar a fonte]En 1881 casou con Tebaldo Checchi, unión da que naceu a súa filla Enrichetta. En 1885 aceptou un contrato para unha xira por América do Sur, e entón a súa fama, xa excepcional en Italia, excedeu as fronteiras. Nesta época coñeceu o libretista e compositor Arrigo Boito, de quen aprendeu o valor do estudo e da elevación espiritual e cultural.
No transcurso dunha xira triunfal por Europa (1891-1892) iniciou, en Viena, a batalla en favor de Ibsen, impondo ao público a discutida Casa de bonecas. En 1893 obtivo un grande éxito en América do Norte e noutros países estranxeiros. En 1899 tivo compañía teatral co gran actor Ermete Zacconi.
D'Annunzio
[editar | editar a fonte]En 1894 produciuse o seu primeiro encontro con D'Annunzio, que estaba entón na cúspide da súa fama. O triunfo obtido en París con Il sogno di un mattino di primavera (1897), obra deste autor, convenceuna de que atopara o creador da traxedia moderna. Dende entón o seu repertorio estivo formado case exclusivamente por obras deste autor. Esta relación terminou en 1910, cando o polémico escritor se involucrou en asuntos políticos (o escritor foi precursor do fascismo italiano) e se despreocupou totalmente de Eleonora.
A ruptura deses amores e unha crise espiritual levárona, despois do seu éxito con La locandiera de Goldoni, en 1909, a abandonar inesperadamente o teatro; este retiro durou doce anos.
Última época
[editar | editar a fonte]Durante a guerra de 1914-18 a actriz prodigou a súa asistencia aos feridos e deu recitais nas frontes.
En 1916 filmou Cenere de Febo Mari, o seu único testemuño cinematográfico cando tiña case sesenta anos.
Reapareceu ante o público en Turín en 1921 con Fruen fra havet, de Ibsen, negándose a ser maquillada e preocupándose tan só de ofrecer ao público non unha ficción, senón o froito dunha ansiosa procura da verdade interior. Tras engadir ao seu repertorio outras obras, reemprendeu unha nova etapa da súa vida artística, iniciando outra xira por Norteamérica, onde a sorprendeu a morte en Pittsburgh.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eleonora Duse |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Jeanne, Bordeux (1925) [1924]. Eleonora Duse: the story of her life. Londres: Hutchinson & Co. OCLC 7912238. Also OCLC 213823532, OCLC 59787344 Publicado nos Estados Unidos como Jeanne, Bordeux (1925) [1924]. Eleonora Duse: the story of her life. Nova York: G.H. Doran. OCLC 77302304. Publicado posteriormente como Jeanne, Bordeux (2005) [1924]. Eleonora Duse: the story of her life. Whitefish, MT: Kessinger Publishing. ISBN 978-1-4179-5746-0.
- Winwar, Frances (1956). Wingless Victory. Nova York: Harper. OCLC 11057365.
- Le Gallienne, Eva (1966). The mystic in the theatre: Eleonora Duse. New York City: Farrar, Straus and Giroux. OCLC 331204.
- Weaver, William (1984). Duse: a biography. Londres: Thames & Hudson. ISBN 978-0-500-01341-0. OCLC 11063020. Publicado nos Estados Unidos como Weaver, William (1984). Duse: a biography (1st. American ed.). San Diego: Harcourt Brace Jovanovich. ISBN 978-0-15-126690-6. OCLC 10558161.
- Sheehy, Helen (2003). Eleonora Duse: a biography (1st. ed.). Nova York: Alfred A. Knopf. ISBN 978-0-375-40017-9. OCLC 50495500.
- Rodriguez, Antonio Orlando (2005). The Last Masquerade: a novel. Mestre-Reed, Ernesto (trans) (1st. ed.). Rayo. ISBN 978-0-06-058632-4. OCLC 55208203.