Content-Length: 74333 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Escudo_das_Illas_Feroe

Escudo das Illas Feroe - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Escudo das Illas Feroe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo das Illas Feroe
Detalles
Adoptado1948
1 de abril de 2004 (versión actual)
EscudoCarneiro encampo de azur con pasante de prata, lingado de goles e armado de ouro.

O escudo das Illas Feroe documentouse por vez primeira nunha cadeira do século XV localizada en Kirkjubøur, unha poboación da Illa Streymoy. Posteriormente, o símbolo do carneiro empregouse como selo do Løgting, que daquela era o termo co que referirse ó tribunal de xustiza das illas.

Este escudo deixou de utilizarse ó abolirse o Løgting en 1816 e malia que foi restablecido en 1852, non se recuperou. Despois da concesión dunha ampla autonomía ás Illas Feroe trala segunda guerra mundial, recuperouse o símbolo do carneiro en 1948 a iniciativa do goberno das illas.

A versión actual do escudo aprobouse o 1 de abril de 2004. O seu deseño é máis semellante ó símbolo do carneiro atopado en Kirkjubøur que a versión anterior.









ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Escudo_das_Illas_Feroe

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy