Content-Length: 236811 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Gregorio_XVI

Gregorio XVI, papa - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Gregorio XVI, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gregorio XVI»)
Modelo:BiografíaGregorio XVI, papa

(1844, Palacio de Versalles) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Gregorius PP. XVI Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Bartolomeo Alberto Cappellari Editar o valor en Wikidata
18 de setembro de 1765 Editar o valor en Wikidata
Belluno (República de Venecia) Editar o valor en Wikidata
Morte1 de xuño de 1846 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de San Pedro
Monument to Gregorius XVI (en) Traducir
Gregorian Chapel (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
254º Papa
2 de febreiro de 1831 – 1 de xuño de 1846
← Pío VIIIPío IX →
Cardeal
21 de marzo de 1825 – 2 de febreiro de 1831
Abade
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoCristianismo Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbispo católico (1831–), sacerdote católico (1787–) Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde de San Bieito Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónBartolomeo Pacca Editar o valor en Wikidata
Participou en
14 de decembro de 1830Conclave de 1830–1831 (pt) Traducir
1829Conclave de 1829 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1290490 WikiTree: Cappellari-9 Find a Grave: 9568039 Editar o valor en Wikidata

Bartolomeo Alberto Cappellari Pagani Gesa, nado en Belluno, Italia, o 18 de setembro de 1765 e finado en Roma o 1 de xuño de 1846, foi Sumo Pontífice, bispo de Roma, soberano dos Estados Pontificios e 254º papa da Igrexa católica dende o 2 de febreiro de 1831 ata a súa morte en 1846.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De rapaz ingresou co nome de Mauro no mosteiro de San Miguel de Murano, da Orde da Camáldula, pertencente á Regra de San Bieito (1783), onde pronto se distinguiu polas súas aptitudes para a teoloxía e a lingüística. Tralos votos solemnes, foi ordenado sacerdote en 1887

Obtivo gran notoriedade en 1799 coa publicación dunha obra en contra dos xansenistas italianos titulada Il trionfo della Santa Sede, adicada a Pío VI, cativo dos franceses, que foi traducida a varias linguas europeas. Despois de rexeitar dúas veces o nomeamento de bispo, en 1805 foi consagrado abade do mosteiro romano de San Gregorio al Celio, e posteriormente nomeado procurador xeral da súa Orde, aínda que a ocupación de Roma polas tropas de Napoleón o obrigou a regresar a San Michele di Murano, preto de Venecia.

De novo en Roma desde 1814, e sen abandonar a súa abadía, desempeñou os cargos de consultor da Congregación para Asuntos Extraordinarios da Santa Sé e, dous anos após, do Santo Oficio. Con posterioridade, foi designado examinador xeral de teoloxía da Congregación dos Bispos, consultor da Congregación de Propaganda Fide, revisor dos Libros Sagrados das Igrexas Orientais, e visitador apostólico das universidades de Perugia, Camerino, Macerata e Fermo. En 1825 foi creado cardeal in pectore co título de San Callisto, participando no conclave de 1829 que elixiría ao papa Pío VIII.

Á morte de Pío VIII en 1831, o candidato que contaba co apoio maioritario do colexio cardenalicio era Giacomo Giustiniani, arcebispo de Imola e antigo nuncio en Madrid, que non obstante era vetado polo rei Fernando VII de España. Tras sesenta e catro días de conclave e trinta e oito votacións, resultou elixido Capellari, que non era bispo e só cardeal in pectore, o que obrigou a que fose inmediatamente consagrado polo decano do Colexio Cardenalicio, Bartolomeo Pacca, sendo o mesmo día coroado Sumo Pontífice polo cardeal Giuseppe Albani, protodiácono de Santa Maria in Via Lata.

En 1831 foi elixido sucesor de Pío VIII. Para rematar as loitas que xurdiron no Vaticano tivo que recorrer á axuda de Austria.

Na súa xestión eclesiástica amosou un talante moi conservador, até o punto de opoñerse a que o ferrocarril atravesase os Estados Pontificios. Na encíclica Mirari vos, pola que denunciaba, entre outras cousas, a liberdade relixiosa e a separación entre Igrexa e Estado. A pesar do seu inmobilismo, Gregorio XVI foi bastante crítico coa escravitude, que seguía se practicando en moitos países, como os Estados Unidos e nas colonias españolas de Ultramar.

Recoñeceu a independencia dos novos estados xurdidos en Suramérica, entre eles Chile (1840).

Aboliu a lista pública dos cidadáns que non cumpriran cos preceptos pascuais, mellorou as condicións de vida dos xudeus no Gueto e rebaixou a maioría de idade dos 25 aos 21 anos. En 1841, mediante a encíclica Afflictas in Hispania Gregorio XVI protestou contra a inxerencia do goberno español nos nomeamentos da xerarquía eclesiástica e a supresión das ordes relixiosas, advertindo das sancións canónicas que comportaban.

No relativo ás artes e obras públicas cómpre citar a restauración da Basílica de San Paulo Extramuros destruída por un incencio, o porto de Civitavecchia e as reparacións na desembocadura do Tíber, así como a creación do Museo Etrusco, Exipcio e Cristián e o apoio aos estudos arqueolóxicos das Catacumbas e o foro de Roma.
Foi o máximo responsable do progreso católico en América e potenciou as misións.

Morreu de erisipela o 1 de xuño de 1846 e foi sucedido por Pío IX.

Encíclicas e outros textos

[editar | editar a fonte]

Son, en total, 64:

  • Chiamati dalla Divina (9 de febreiro de 1831)
  • Quel Dio (5 de abril de 1831)
  • Le armi valorose (12 de xullo de 1831)
  • Ex debito pastoralis I (9 de setembro de 1831)
  • Inter gravissimas I (3 de febreiro de 1832)
  • Summo iugiter (27 de maio de 1832)
  • Cum primum (9 de xuño de 1832)
  • Ci è stato (9 de xuño de 1832)
  • Pastorale officium I (3 de xullo de 1832)
  • Mirari vos (15 de agosto de 1832)
  • Plura post (2 de decembro de 1832)
  • Avendoci Ella (20 de febreiro de 1833)
  • Quo graviora (4 de outubro de 1833)
  • Litteras accepimus (5 de outubro de 1833)
  • Quod litteris (29 de novembro de 1833)
  • Maiori certo (13 de decembro de 1833)
  • Editam nuper (28 de decembro de 1833)
  • Quod de tua (28 de decembro de 1833)
  • Superabundavimus (28 de decembro de 1833)
  • Benedictus Deus (17 de xuño de 1834)
  • Singulari Nos (25 de xuño de 1834)
  • Cum pro pastorali (1 de agosto de 1834)
  • L'evidente diminuzione (6 de agosto de 1834)
  • Perlatae dudum (23 de abril de 1835)
  • Commissum divinitus (17 de maio de 1835)
  • Melchitarum Catholicorum (3 de xuño de 1835)
  • Dum acerbissimas (26 de setembro de 1835)
  • Sextus iam (1 de febreiro de 1836)
  • Ad beatissimi (17 de xullo de 1836)
  • La moltiplicità (22 de novembro de 1836)
  • Universi Dominici I (21 de febreiro de 1837)
  • Dum intima (10 de decembro de 1837)
  • Ex debito pastoralis II (14 de agosto de 1838)
  • Pastorale officium II (14 de agosto de 1838)
  • Hanno sempre (18 de setembro de 1838)
  • Quae nuncia (4 de agosto de 1839)
  • Multa quidem (22 de novembro de 1839)
  • Dolorem quo (30 de novembro de 1839)
  • In supremo (3 de decembro de 1839)
  • Afflictas in Tunquino (27 de abril de 1840)
  • Pastorale officium III (24 de xullo de 1840)
  • Probe nostis (18 de setembro de 1840)
  • Augustissimam beatissimi (21 de decembro de 1840)
  • De Cochinchinae (26 de febreiro de 1841)
  • Afflictas in Hispania (1 de marzo de 1841)
  • Quas vestro (30 de abril de 1841)
  • Ex literis (4 de maio de 1841)
  • È lungo tempo (29 de agosto de 1841)
  • Catholicae Religionis (2 de febreiro de 1842)
  • Inter ea (1 de abril de 1842)
  • Haerentem diu (22 de xullo de 1842)
  • Apostolici ministerii (20 de setembro de 1842)
  • In Concistoro (6 de abril de 1843)
  • Inter maximas (5 de agosto de 1843)
  • Ad gravissimas (31 de agosto de 1843)
  • Ubi novam (8 de novembro de 1843)
  • Cum maxima (31 de marzo de 1844)
  • Maximis angustiis (27 de abril de 1844)
  • Inter praecipuas (8 de maio de 1844)
  • Tra le principali macchinazioni (8 de maio de 1844)
  • Summa quidem (23 de abril de 1845)
  • Libentissime fraternitatis (28 de maio de 1845)
  • Inter gravissimas II (28 de xuño de 1845)
  • Ex debito pastoralis III (27 de marzo de 1846)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Gregorio_XVI

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy