Content-Length: 103767 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Ling%C3%BC%C3%ADstica_aplicada

Lingüística aplicada - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Lingüística aplicada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A lingüística aplicada é unha póla da lingüística que se ocupa dos problemas que a linguaxe formula como medio de relación social e da cal derivan tres pólas ou campos de acción: a ensinanza da lingua nai, a ensinanza da segunda lingua e maila ensinanza de linguas asistida por computador (Computer-Assisted Language Learning - CALL).

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Hai multitude de enfoques, de entre os que destacan o enfoque comunicativo, o enfoque baseado en tarefas (TBLT, nas súas siglas inglesas) e mailo enfoque de aprendizaxe cooperativa de linguas. Todos eles baséanse en dúas grandes pólas teóricas: na área da lingüística o Estruturalismo e as correntes de Construtivismo e Cognitivismo na área da educación.

Durante os anos 1950 e 1960 centrouse en erros concretos e na análise contrastiva. Durante os anos 1970, co fracaso deste método de contraste analítico como teoría para predicir erros, a lingüística aplicada comezou a adoptares a teoría de Noam Chomsky acerca da Gramática Universal para explicar o fenómeno da aprendizaxe dunha segunda lingua. Nos anos 1990, un número crecente de investigadores comezou a empregar métodos de estudo baseados na psicoloxía cognoscitiva.

Hoxe en día, este campo de estudo é unha mestura interdisciplinar principalmente de lingüística, antropoloxía, psicoloxía e educación.

A Asociación Internacional de Lingüística Aplicada é un foro que abrangue un amplo espectro de investigadores deste eido.

Algunhas publicacións deste eido inclúen Studies in Second Language Acquisition, Modern Language Review, Language Learning, Applied Linguistics, AILA Journal e mailo TESOL Journal.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Ling%C3%BC%C3%ADstica_aplicada

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy