Content-Length: 137923 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Lingua_protoindoeuropea

Lingua protoindoeuropea - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Lingua protoindoeuropea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Protoindoeuropeo
*dn̥ǵʰwéh₂ ‘lingua’
Falado en:
Total de falantes: Lingua morta
Familia:
 Protoindoeuropeo
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa
Status

O protoindoeuropeo (PIE) é o teórico devanceiro común da familia lingüística das linguas indoeuropeas. Os elementos que compoñen a lingua derivan da reconstrución lingüística a partir das linguas indoeuropeas documentadas. Non existen ningún rexistro directo da existencia do protoindoeuropeo.[1]

Existen máis obras sobre a reconstrución do protoindoeuropeo que ningunha outra protolingua, e é a máis estudada de tódalas protolinguas da mesma época. A maioría das obras dos lingüistas durante o século XIX estiveron dedicadas á reconstrución do protoindoeuropeo ou as protolinguas que descenden del (como o protoxermánico e o protoindoiranio), e moitas das técnicas modernas de reconstrución lingüística (como o método comparativo) foron desenvolvidas como resultado.

Crese que o protoindoeuropeo foi falado como unha única lingua dende o ano -4500 até o -2500,[2] durante finais do Neolítico e comezos da Idade de Bronce, aínda que as estimacións varían en máis de mil anos. Segundo a teoría prevalente, a hipótese Kurga, a patria orixinal dos protoindoeuropeos puido ser a estepa póntica do leste de Europa. A reconstrución lingüística do protoindoeuropeo achegou información sobre a cultura e a relixión patriarcal dos seus falantes.[3]

  1. "Archaeology et al: an Indo-European study" (PDF). School of History, Classics and Archaeology. The University of Edinburgh. 11 de abril de 2018. Consultado o 1 de decembro de 2018. 
  2. Powell, Eric A. Archaeology, ed. "Telling Tales in Proto-Indo-European". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2021. Consultado o 30 de xullo de 2017. 
  3. Fortson, Benjamin W. (2004). Indo-European language and culture: an introduction. Malden, Mass: Blackwell. p. 16. ISBN 1405103159. OCLC 54529041. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.









ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Lingua_protoindoeuropea

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy