Content-Length: 275142 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Melbourne

Melbourne - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Melbourne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMelbourne
Vista nocturna
Vista aérea
Fotomontaxe
Imaxe

AlcumeMelbs Editar o valor en Wikidata
EpónimoWilliam Lamb (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 37°48′51″S 144°57′47″L / -37.8142, 144.9631
EstadoAustralia
Estado da Austrália (pt) TraducirVictoria Editar o valor en Wikidata
Capital de
Victoria (1901–) Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación5.031.195 (2022) Editar o valor en Wikidata (503,47 hab./km²)
Lingua oficialinglés australiano Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie9.993 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRio Yarra (pt) Traducir e Baía de Port Phillip Editar o valor en Wikidata
Altitude31 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación30 de agosto de 1835 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Código postal3000–3207 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico0370, 0371, 0372, 0374, 0376, 0377, 0378, 0379, 0383, 0385, 0386, 0390, 0391, 0392, 0393, 0394, 0395, 0396, 0398 e 0399 Editar o valor en Wikidata

Páxina webmelbourne.vic.gov.au Editar o valor en Wikidata
Facebook: visitmelbourne Twitter: Melbourne Instagram: visitmelbourne Youtube: UClWHSwTH77SzIvmzT6l6IBQ TikTok: visitmelbourne BNE: XX452882 Editar o valor en Wikidata

Melbourne (/ˈmɛlbərn/) é unha cidade australiana, a segunda cidade do país en poboación, despois de Sydney, con aproximadamente 3,6 millóns de habitantes na súa área metropolitana. O centro histórico, a Cidade de Melbourne, ten tan só 69.670 habitantes (segundo datos do censo de 2001).

A cidade é a capital e a maior cidade do estado australiano de Victoria. Foi capital de Australia entre 1901 e 1927. Melbourne foi votada varios veces en estudos internacionais como a cidade con mellor calidade de vida no mundo.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

A cidade toma o seu nome do antigo primeiro ministro británico William Lamb, segundo vizconde de Melbourne, cuxo título nobiliario facía referencia á localidade inglesa de Melbourne no condado de Derbyshire. O nome Melbourne procede na súa orixe do termo anglosaxón Mylla Burne, que significa "arroio do muíño". A pronuncia inglesa do nome é /'melb?n/ (localmente tamén /'mælb?n/). En español, é frecuente pronunciar este nome como /mel'burne/. O xentilicio inglés é Melburnian, sen correspondente en galego.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Mapa da área metropolitana de Melbourne.

Melbourne está situada na costa sueste de Australia, sendo a capital de estado situada máis ao sur da Australia continental, isto é, sen contar Hobart na illa de Tasmania. Atópase situada na desembocadura do río Yarra, xunto á baía de Port Philip.

Fundada en 1835 por colonos procedentes de Van Diemen's Land (Tasmania), Melbourne foi construída en terras habitadas polo pobo Kulin, os habitantes aborixes orixinais da zona. Nun principio, Melbourne foi capital do Distrito de Port Phillip de Nova Gales do Sur, e posteriormente pasou a ser a capital da colonia de Vitoria. O descubrimento de ouro en Vitoria a finais dos anos 1850, que provocou a febre do ouro de Vitoria, levou a Melbourne a desenvolverse como un gran núcleo portuario e de servizos, que máis adiante se convertería no principal centro industrial de Australia. Durante os anos 1880, Melbourne foi a segunda cidade en poboación, tras Londres, do Imperio Británico, e denominoulla Marvellous Melbourne ("a marabillosa Melbourne"). Desa época datan os numerosos edificios de estilo vitoriano que existen na cidade e que fan de Melbourne a segunda cidade do mundo, tras Londres, en número de edificios vitorianos aínda en pé.

Melbourne foi nomeada capital nacional da Federación de Australia o 1 de xaneiro de 1901. O primeiro parlamento federal foi inaugurado o 9 de maio de 1901 no Royal Exhibition Building. Melbourne conservou a capitalidade e a sede do goberno ata o ano 1927, cando se completou a nova capital de Canberra. A cidade continuou a súa expansión ininterrompida durante a primeira metade do século XX, en particular grazas á chegada de inmigrantes tras a segunda guerra mundial, atraídos polas oportunidades laborais en Australia e pola boa fama da cidade, cuxo prestixio internacional viuse agrandado pola celebración dos Xogos Olímpicos de 1956. A pesar do traslado da capital a Canberra, Melbourne continuou sendo a capital económica e cultural de Australia ata os anos 1970, cando foi perdendo protagonismo en beneficio de Sidney.

Na década de 1980 Melbourne viviu unha etapa de declive, na que se produciu un aumento do desemprego e un descenso acusado da poboación debido á emigración cara aos estados de Nova Gales do Sur e Queensland. Na década de 1990 o goberno de Vitoria encabezado polo primeiro ministro Jeff Kennett (liberal) intentou inverter esta tendencia mediante a construción de novos edificios públicos, tales como o Museo de Melbourne, e o Centro de Exhibicións e Convencións de Melbourne), así como dun casino, o Crown Casino. Estes esforzos urbanísticos estiveron acompañados dunha campaña de promoción da cidade, que continuou baixo o goberno do actual primeiro ministro de Vitoria Steve Bracks (laborista).

Vista nocturna do río Yarra.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Vista de Melbourne e o río Yarra desde o sueste da cidade.
Barrio chinés de Melbourne

A poboación incrementouse de xeito espectacular durante a febre do ouro. En 1854, nun só ano, case 125.000 persoas chegaron desde numerosos países do mundo. Nas décadas seguintes continuaría este crecemento de poboación que converteu a Melbourne na cidade máis poboada de Australia.

Durante a última década do século XIX, A depresión económica azoutou á cidade, que perdeu parte da súa poboación atraída pola industria do ouro en zonas máis occidentais do país.

Tralo final da segunda guerra mundial en 1945, a necesidade dunha maior man de obra atraeu a numerosos inmigrantes de orixe británica, iugoslava, neerlandesa, alemá e maltesa. Nas décadas dos anos 50 e 60, produciuse a chegada de moitos novos inmigrantes procedentes de Italia e Grecia, que se converterían nos grupos de estranxeiros máis numerosos tras os británicos e irlandeses. Melbourne actualmente conta tamén cunha comunidade duns 4.000 españois. Na actualidade, Melbourne posúe unha das maiores poboacións de orixe grega fóra de Grecia no mundo. A partir de 1970, comezou a chegada de refuxiados de Camboxa e Vietnam. Nos últimos anos aumentou notablemente a poboación de orixe india, filipina, malaia e norteafricana.

Organización administrativa

[editar | editar a fonte]

Non existe unha entidade administrativa cuxo ámbito de actuación inclúa á totalidade da área metropolitana de Melbourne. O alcalde de Melbourne, na actualidade Lord Maior John So, e o concello de Melbourne teñen xurisdición unicamente sobre o centro histórico, coñecido como Cidade de Melbourne (City of Melbourne). O resto da área urbana divídese en 30 municipalidades, as cales utilizan a denominación de cidades (cities), fóra de cinco entidades administrativas na periferia, que reciben o nome de condados (shires). Todas estas entidades de goberno local contan coas súas propias asembleas municipais e exercen as competencias en materia de servizos públicos delegadas polo goberno do estado de Vitoria. As asembleas municipais están representadas na Asociación de Administración Local de Vitoria (Local Government Association of Victoria).

A maior parte das competencias relacionadas coa administración da cidade están, con todo, en mans do goberno do estado de Vitoria. Entre estas competencias atópanse o transporte público, o mantemento das estradas, o tráfico, a policía, a educación non preescolar e a planificación de proxectos de infraestrutura. O escaso nivel de competencias a disposición das entidades municipais parece deberse ao feito de que tres cuartas partes da poboación do estado de Vitoria residen na área metropolitana de Melbourne, o cal fai que haxa unha certa coincidencia no ámbito de actuación dos poderes estatais e municipais. Isto fixo que os órganos administrativos do estado de Vitoria sexan sempre remisos a ceder parcelas de poder ás entidades municipais.

Economía

[editar | editar a fonte]
Construción da nova estación de ferrocarril da rúa Spencer.
Tranvía en Melbourne.
A estación da rúa Flinders en Melbourne.

Melbourne é un gran núcleo comercial e industrial, que alberga as sedes centrais de moitas das principais empresas australianas. Ademais, ao redor dun terzo das multinacionais con operacións en Australia teñen en Melbourne a súa oficina principal no país. Na cidade atópase tamén a sede central do Consello Australiano de Sindicatos (Australian Council of Trade Unions), colectivo que representa ao conxunto de organizacións sindicais do país.

A cidade conta tamén cunha grande actividade industrial. É o maior porto de mar de Australia e nela concéntrase gran parte da produción da industria australiana do automóbil, coas fábricas de Ford e Toyota, entre outras.

Na actualidade, Melbourne está desenvolvendo ambiciosos proxectos de infraestruturas con vistas á próxima celebración dos Xogos da Commonwealth de 2006 e á reunión de ministros de finanzas do G-20, que terá lugar tamén na cidade no ano 2006. Estes proxectos inclúen a mellora do sistema de transporte público, e a construción de nova prazas hostaleiras e edificios residenciais, así como a remodelación das instalacións deportivas para os Xogos da Commonwealth.

Transporte

[editar | editar a fonte]

Melbourne conta cunha ampla rede de transporte público. O tranvía de Melbourne ten unha das redes de tranvía máis extensas do mundo, con preto de 300 rutas de autobús e un con sistema de tren é con máis de quince liñas.

Como en moitas outras cidades do mundo, os diferentes tipos de medios de transporte están integrados nun sistema unificado de tarifas e abonos. A pesar da extensión da rede, algunhas zonas periféricas da cidade son de difícil acceso en transporte público.

O porto de Melbourne é o maior porto de Australia, mentres que o Aeroporto de Melbourne é o segundo con máis tráfico aéreo do país, por detrás do Aeroporto de Sydney.

Educación e cultura

[editar | editar a fonte]

A cidade ten dúas das universidades máis prestixiosas de Australia, a Universidade de Melbourne e a Universidade de Monash. Ademais, é un dos principais centros da vida cultural australiana. O Centro das Artes de Vitoria (Victorian Arts Centre) alberga habitualmente representacións de teatro, ópera, música clásica e contemporánea e artes visuais. A escasos metros do Centro das Artes de Vitoria atópase o Centro de Arte Contemporánea (Centre for Contemporary Art), museo aloxado nun edificio de construción recente xunto ao río Yarra. Outro dos principais museos da cidade é o Centro Ian Potter (Ian Potter Centre), museo dedicado á arte australiana que se atopa na praza Federation Square, espazo público de deseño controvertido no que se celebran moitos dos eventos culturais e artísticos da cidade.

Melbourne foi sede dos Xogos Olímpicos de 1956 e na cidade organízanse numerosos acontecementos deportivos ao longo do ano, como o Aberto de Australia de tenis, o Aberto de Australia de golf e o Gran Premio de Australia de Fórmula 1. Ademais, a cidade é o berce do fútbol australiano, o deporte máis popular no estado de Vitoria.

En marzo de 2007 a cidade recibiu o Mundial de natación, competición que marcou o retiro do mítico Ian Thorpe.

Cidades irmás

[editar | editar a fonte]

Melbourne ten seis cidades irmás .[1] Estas son:

  1. Official Website of the City of Melbourne Arquivado 26 de setembro de 2008 en Wayback Machine.; consultado o 2 de novembro de 2006

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Melbourne

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy