Miguel Román
Miguel Román | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Miguel Román González | ||
Nacemento | 26 de decembro de 2002 | ||
Lugar de nacemento | Gondomar | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Celta Fortuna | ||
Número | 14 | ||
Carreira xuvenil | |||
2008–2017 | Gondomar | ||
2017–2020 | Rápido de Bouzas | ||
2020–2021 | Choco | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2021–2023 | Pontevedra | 66 | (2) |
2023– | Celta Fortuna | 20 | (2) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 29 de xaneiro de 2024. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Miguel Román González, nado en Gondomar o 26 de decembro de 2002, é un futbolista galego, que xoga como centrocampista no Celta Fortuna, da Primeira División RFEF.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar ao fútbol aos 5 anos nas categorías inferiores do Gondomar da súa vila natal, pasando logo pola canteira do Rápido de Bouzas.[1] No seu último ano de xuvenil fichou polo Choco, co que xogou na División de Honra.[1]
En 2021 fichou polo Pontevedra, co que logrou o ascenso á Primeira División RFEF na súa primeira tempada tras proclamarse campión do Grupo I.[1] Contribuíu con 28 partidos, 25 deles como titular, e un gol fronte ao Langreo en Pasarón. Continuou como titular indiscutible na seguinte campaña, na que sumou un total de 41 encontros, saíndo dende o once inicial en todos agás un, pero o equipo acabou descendendo. No verán de 2023, tras rematar o seu contrato co club granate, fichou polo Celta Fortuna.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Domínguez Amil, Nieves (21 de setembro de 2022). "Miguel Román, el diamente que pule el Pontevedra CF: «Pasé de jugar en el Choco juvenil a visitar campos como el de Riazor»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 29 de xaneiro de 2024.
- ↑ "El Celta ficha a Miguel Román para su filial". Mundo Deportivo (en castelán). 24 de xullo de 2023. Consultado o 29 de xaneiro de 2024.