Onda Cero
Onda Cero é unha cadea xeralista de radio española. Ten 220 emisoras e forma parte de Atresmedia Radio, e esta a Atresmedia. O seu presidente actual é Javier González Ferrari.
Historia
[editar | editar a fonte]A cadea xorde da fusión entre as frecuencias de Radio Amanencer, adquirida pola ONCE en 1989, e as frecuencias de Cadena Rato que foron compradas pola mesma empresa o 2 de abril de 1990. O 26 de novembro de 1990, ás seis da mañá, na Madrileña rúa Diego de Velázquez, número 54, e coa voz de Ángela Bodega,[1] nacía, aínda iniciada a Tempada Radial 1990-1991, unha cadea de emisoras que propugnaba como valores, a pluralidade de opinións e a ética.
Onda Cero foi propiedade da ONCE ata 1999, cando Telefónica adquiriu a cadea. Ao asociala a Antena 3 creou o grupo de comunicación do mesmo nome, Grupo Antena 3. Actualmente este grupo, e xa que logo Onda Cero, cotiza en bolsa e o seu propietario maioritario é o Grupo Planeta. Telefónica abandonou o grupo por incompatibilidade coa participación que por entón mantiña en Sogecable.
Onda Cero foi pioneira na emisión do seu sinal a través de Internet e no podcasting. Emite tamén como canle de radio na televisión dixital terrestre polo multiplexor de Antena 3 na canle 69 con cobertura nacional e mediante a radio dixital DAB polo múltiplex MF-II.
O seu actual director de informativos é Julián Cabrera Cruz, substituíndo a Carlos Alsina, que pasou a exercer de locutor e presentador do programa La Brújula.
A cadea conta con profesionais como Carlos Herrera (Herrera en la Onda), Carlos Alsina (La Brújula), Julia Otero (Julia en la onda), Paco de León (Madrid en la Onda, Partiendo de Cero) Javier Ares e Javier Ruiz Taboada (Radioestadio), Isabel Gemio (Te doy mi palabra), o Dr. Bartolomé Beltrán (En Buenas Manos), Elena Gijón en Noticias Mediodía ou Juan Antonio Cebrián, (falecido o 20 de outubro de 2007) quen dirixiu o programa La rosa de los vientos ata o mesmo día da súa morte, programa que agora presenta Bruno Cardeñosa.
As súas emisoras musicais son Europa FM e Onda Melodía (Dance FM na Rioxa).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A cadea de radio Onda Cero inicia hoxe as súas emisións Consultado o 27 de novembro de 2010