Content-Length: 146562 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Ovo_(biolox%C3%ADa)

Ovo (bioloxía) - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Ovo (bioloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ovos dalgunhas especies de paxaros (pato, galiña de Guinea, ganso e galiña).

Nalgúns animais, un ovo é un corpo redondeado, de tamaño e dureza variables, que producen as femias e sustenta e protexe o embrión se o óvulo é fecundado, convértese en cigoto. Os animais ovíparos son aqueles que poñen ovos, con pouco ou ningún desenvolvemento dentro da nai. Esta é a forma de reprodución de moitos peixes, anfibios e réptiles, todas as aves, os mamíferos monotremas e a maioría dos insectos e arácnidos.

Os ovos dos réptiles, aves e monotremas están rodeados por unha casca protectora que pode ser flexible ou non. O ovo do avestruz, de até 1,5 kg, é a maior célula individual que se coñece, aínda que o xa extinto Aepyornis e algúns dinosauros puñan ovos maiores. Mellisuga helenae produce o menor ovo de ave coñecido: pesa medio gramo. Os ovos dalgúns réptiles e a maioría dos peixes son menores, e os dos insectos e outros invertebrados teñen aínda menos tamaño.

O estudo dos ovos, particularmente dos das aves, chámase ooloxía.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Ovo_(biolox%C3%ADa)

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy