Content-Length: 111713 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Pepa_Bueno

Pepa Bueno - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Pepa Bueno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPepa Bueno

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María José Bueno Márquez Editar o valor en Wikidata
25 de xaneiro de 1963 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Badaxoz, España Editar o valor en Wikidata
Directora El País
2021 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoRaça Mediterrânea (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónFacultade de Ciencias da Información - Q67146338 Traducir (1982–1987) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónlocutor, escritora, empresario de medios, xornalista, presentadora de televisión, presentadora de novas Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1987 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorMediaset España (2014–2015)
Grupo PRISA (2012–)
RTVE (1987–2012) Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioPepa Bueno Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosManuela Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm1715201 Twitter: PepaBueno Discogs: 4775023 Editar o valor en Wikidata

María José Bueno Márquez, máis coñecida como Pepa Bueno, nada en Badaxoz en 1964, é unha xornalista española, presentadora de televisión e radio.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comeza a súa carreira profesional nos servizos informativos de Radio Nacional de España-Estremadura, de onde pasou, como xefa de informativos a RNE-Aragón, á vez que colabora co xornal Diario 16.

Tras pasar pola xefatura de informativos en Madrid da emisora de radio pública, en 1991 incorpórase a Televisión Española e, concretamente, ao seu Centro Territorial en Andalucía, onde presentou e dirixiu o informativo rexional. Máis tarde fixo o propio no Centro Territorial de Madrid.

En setembro de 1996 asume a subdirección e copresentación, xunto a Jose Toledo, do programa de actualidade Gente. Durante case oito anos aparece diariamente na pequena pantalla, dando noticia da crónica de sucesos acaecida no país.

Tras o nomeamento de Fran Llorente como director dos servizos informativos de TVE, é seleccionada para substituír a Luis Mariñas no programa diario de entrevistas e actualidade política Los desayunos de TVE,[1] labor que desempeñou entre 2004 e 2009. Entre marzo e xuño de 2008, ademais, conduciu o magacín matinal Esta mañana na mesma cadea.[2]

Ocasionalmente escribe artigos de opinión en El Periódico de Catalunya.

Colabora activamente coa Asociación Escola para Todas, un ente sen ánimo de lucro e cuxo principal obxectivo céntrase na escolarización de nenas en Camboxa. Pepa Bueno é embaixadora de Escola para Todas de Marie Claire.[3]

En setembro de 2009 fíxose cargo da segunda edición do Telediario en TVE, en substitución de Lorenzo Milá.[4]

A partir do 2 de setembro de 2012 presenta xunto con Gemma Nierga o programa líder das mañás da radio española Hoy por hoy da Cadena SER.[5]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Pepa_Bueno

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy