Content-Length: 143403 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Sergei_Starostin

Sergei Starostin - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Sergei Starostin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSergei Starostin

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de marzo de 1953 Editar o valor en Wikidata
Moscova (Unión Soviética) Editar o valor en Wikidata
Morte30 de setembro de 2005 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Moscova, Rusia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaDonskoe cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónPhilological Faculty of Moscow State University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLingüística Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónlingüista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorSanta Fe Institute (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosSvetlana Burlak (en) Traducir e Georgiy Starostin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
DoutorandoSvetlana Burlak (en) Traducir, Kirill Babaev (en) Traducir e Georgiy Starostin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosGeorgiy Starostin Editar o valor en Wikidata
PaiQ4440674 Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteMoskovskaia entsiklopedia: Litsa Moskvi Editar o valor en Wikidata


Sergei Anatolyevich Starostin (ruso: Серге́й Анато́льевич Ста́ростин), nado en Moscova o 24 de marzo de 1953 e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 2005[1], foi un lingüista e investigador ruso especializado en lingüística comparativa e histórica.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Investigacións lingüísticas

[editar | editar a fonte]

Starostin é ben coñecido entre os especialistas pola súa obra sobre a reconstrución dunha hipotética protolingua. A súa reconstrución teórica do grupo da familia linguas altaicas ten orixinado controversias, basicamente porque inclúe entre elas o coreano, e sobre todo, o xaponés, até hai poucos anos considerados idiomas illados. Tamén controvertida foi a súa formulación dun grupo de linguas dené-caucasianas, hipótese que asume que as numerosas linguas caucásicas do noroeste e nordeste, o grupo ieniseiano (antes incluído no grupo denominado paleosiberiano), e mais o grupo sino-tibetano e as linguas na-dené (norteamericanas) están todas relacionadas xeneticamente. O asunto é dun indubidábel interese científico, porque tenta demostrar as relacións entre os idiomas do Vello e do Novo Mundo, o que significa, desde un punto de vista histórico, remontar as relacións lingüísticas ao Paleolítico Superior, o que abriría camiño a tentar entender, na medida do posíbel, o transfondo mental desa época. A hipótese de Starostin ten tido ilustres predecesores, no pasado, tales Alfredo Trombetti, Edward Sapir ou Morris Swadesh, como coetáneos, tales Vitali Sherovoskin, Joseph Greenberg, ou máis recentemente John Bengtson e Edward Vajda. O último, en recentes traballos ten demostrado á relación xenética entre o grupo lingüístico ineiseiano e as linguas na-dené.

Starostin traballou de xeito práctico e académico na reconstrución do proto-kiranti, proto-tibeto-burmano, Proto-ieniseiano, Proto-Nordcaucasiano e mais o Proto-altaico.

Investiu boa parte dos seus últimos anos, a desenvolver a teoría, exposta por Abu al-Ghazi Bahadur Khan no século XVIII, mais realmente reavivada por Gustaf John Ramstedt a comezos do século XX, de que o xaponés é unha lingua altaica, emparentada, polo tanto, co mongol, o complexo lingüístico turco, o tungús, e mais co coreano.

Desde 1985, Starostin traballou no desenvolvemento de STARLING[2], un paquete de software, compatíbel con varios sistemas, para labores de tipo lingüístico.

No tempo da súa desgraciada morte, con aínda só 52 anos de idade, Starostin era profesor na Universidade Estatal Rusa de Humanidades, profesor visitante no Santa Fe Institute, Arizona, e con frecuencia profesor convidado na Universidade de Leiden, Países Baixos, da que foi nomeado doutor honoris causa en xuño de 2005.

Sergei Starostin faleceu dun ataque ao corazón o 30 de setembro de 2005, pouco despois de ter impartido aulas en Moscova. A súa desaparición constituíu unha moi lamentábel perda, pois perdemos a posibilidade de coñecer como abordaría os desenvolvementos lingüísticos recentes. Deixa, con todo, un enorme legado científico e metodolóxico.

O seu fillo, George Starostin, é tamén un reputado lingüista, ademais dun músico afeccionado de sona.

Obra publicada (selección)

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • The Tower of Babel "recurso masivo, que contén abundante información de case todas as familias eurasiáticas e outras"








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Sergei_Starostin

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy