Pouco a pouco, a cantante xaponesa foi ganando popularidade, e este single foi o primeiro da artista en entrar no Top 10 das listas dos singles máis vendidos de Oricon no Xapón. O single tamén se fixo bastante popular cunha remestura de estilo eurobeat (bastante popular nas discotecas nipoas), o que sen dúbida, aumentou en parte as vendas.
Para o lanzamento da compilación de grandes éxitos de Ayumi Hamasaki A BEST lanzada en 2001, a canción foi regravada coa “nova” voz da cantante.