Urbano Lugrís Vadillo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de maio de 1942 Vigo, España |
Morte | 1 de febreiro de 2018 (75 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | pintor |
Movemento | Hiperrealismo e Surrealismo |
Familia | |
Pai | Urbano Lugrís González |
Urbano Lugrís Vadillo, nado en Vigo[1] o 8 de maio de 1942[2] e finado na Coruña o 1 de febreiro de 2018[3], foi un pintor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Urbano Lugrís González, unha das grandes figuras da arte galega do século XX, viviu en Vigo ata os oito anos. Despois trasladouse coa familia á Coruña, pero tamén pasou amplas estadías en Madrid e en Castela, de onde viña a familia da nai.
Estudou a carreira de Náutica, e fíxose oficial de máquinas da mariña mercante, profesión que empezou a exercer ao mesmo tempo coa pintura. Continúa profesionalmente vinculado ao mar ata 1971, cando se dedica xa plenamente á pintura.
Comezou a expor moi novo en cidades de Galiza, e a recibir galardóns, a partir do ano 1962. As súas mostras estendéronse a Madrid e Cataluña, onde goza de gran prestixio, saltando así mesmo as fronteiras españolas para ir a Europa e América. Está representado en museos de Galiza e en coleccións particulares. A pintura de Lugrís Vadillo Lugrís abala entre o hiperrealismo e o surrealismo.[4]E ten tres netos Paula Suárez Lugrís, Manuel Suárez Lugrís e Javier Urbano Suárez Lugrís fillos do Marqués de Mera e a súa fills
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Autores | Fundación María José Jove". www.fundacionmariajosejove.org (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2018. Consultado o 2018-02-01.
- ↑ Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Lugrís Vadillo, Urbano". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 345. ISBN 84-8064-113-4.
- ↑ "Fallece el pintor Urbano Lugrís Vadillo". La Voz de Galicia. 1 de febreiro de 2018. Consultado o 2 de febreiro de 2018. (en castelán)
- ↑ "Muere el pintor vigués Urbano Lugrís Vadillo". Faro de Vigo. Consultado o 2018-02-01.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Mon, Fernando: Pintura contemporánea en Galicia. A Coruña, Gaixa Galicia, 1987.
- Pablos, Francisco: Plástica galega. Vigo, Caixavigo, 1981.
- VV. AA.: Urbano Lugrís. Xunta de Galicia. Concello da Coruña, 1989.