Content-Length: 75975 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Xaponismo

Xaponismo - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Xaponismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Henri de Toulouse-Lautrec cartel litográfico de 1892.

O Xaponismo é un termo que se refire á influencia das artes nipoas nas occidentais. A palabra foi empregada por primeira vez por Jules Claretie no seu libro L'Art Francais en 1872, publicado ese mesmo ano [1]. As obras creadas a partir da transferencia directa dos principios da arte xaponesa ao mundo occidental, especialmente as realizadas por artistas franceses, denomínanse japonesque (xaponerías).

Dende a década de 1860, as ukiyo-e ou xilografías xaponeses convertéronse en fonte de inspiración para moitos pintores impresionistas de Francia e do resto de occidente, e posteriormente tamén para artistas modernistas e cubistas, que se interesaron pola asimetría e a irregularidade da arte xaponesa. As principais características desta arte que influíron nos artistas occidentais foron a ausencia de perspectiva, a luz sen sombras, as áreas planas de cores vibrantes e a liberdade de composición ao localizar os suxeitos descentrados. Todos estes elementos contrapoñíanse á arte greco-romana e foron aceptados polos artistas do século XIX, os cales buscaban liberarse da mentalidade artística occidental e das convencións académicas.

  1. Colta F. Ives, "The Great Wave: The Influence of Japanese Woodcuts on French Prints", 1974, The Metropolitan Museum of Art








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Xaponismo

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy