Content-Length: 141008 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/M%C3%A1t%C3%A9_Zalka

Máté Zalka - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Máté Zalka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMáté Zalka

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(hu) Zalka Máté Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de abril de 1896 Editar o valor en Wikidata
Tunyogmatolcs, Hungría (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte11 de xuño de 1937 Editar o valor en Wikidata (41 anos)
Huesca, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Kerepesi (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, militar Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1915 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoPartido Comunista Húngaro (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
LealdadeSegunda República Española Editar o valor en Wikidata
Rango militarXeneral Editar o valor en Wikidata
Conflitoguerra civil española
Primeira guerra mundial
Guerra polaco-soviética Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteEnciclopedia soviética armenia, volume 3, (p.651)
Moskovskaia entsiklopedia: Litsa Moskvi Editar o valor en Wikidata
Find a Grave: 223634670 Editar o valor en Wikidata

Máté Zalka (en húngaro, Zalka Máté), nado en Tunyogmatolcs (Hungría) o 23 de abril de 1896 e finado en Huesca o 11 de xuño de 1937, foi un escritor e revolucionario internacionalista de orixe xudía.[1][2] O seu nome real era Béla Frankl, aínda que durante a Guerra Civil Española foi coñecido tamén como Paul Lukács e Xeneral Lukács. Combateu na primeira guerra mundial e na Guerra Civil Española, como membro das Brigadas Internacionais. Foi condecorado coa Orde do Estandarte Vermello da Unión Soviética e a Orde da Liberación de España, a título póstumo.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en 1896 en Tunyogmatolcs, ao nordés de Hungría, no seo dunha familia xudía,[1][2] de pai hostaleiro. Graduouse na escola secundaria Polgári Iskola en Mateszalka, máis tarde rebautizada na súa honra.[4]

Primeira guerra mundial

[editar | editar a fonte]

Co estalido da primeira guerra mundial foi mobilizado polo exército do Imperio Austrohúngaro como oficial subalterno. Combateu en Italia e a fronte oriental onde, en xuño de 1916, foi ferido e capturado polas tropas rusas en Lutsk, Ucraína. Estivo recluído nun campo de prisioneiros, onde foi influenciado polo comunismo.[3]

Exército Vermello

[editar | editar a fonte]

No outono de 1919 escapou do campo de prisioneiros de Krasnoiarsk (Rusia) e formou un grupo de partisanos. A principios de 1920 uniuse ao Exército Vermello,[3] co que combatería en distintas frontes bélicas da Guerra Civil Rusa. Ese mesmo ano participou na liberación de Krasnoiarsk e converteuse en membro do Partido Comunista Ruso (bolxevique).

Tamén en 1920 combateu contra as tropas polacas durante a chamada Guerra Polaco-Soviética, e participou na Batalla de Kíiv.

Actividade literaria e cultural

[editar | editar a fonte]

Tras o estabelecemento da Unión Soviética en 1922, Zalka ficou en Moscova, onde comezou a súa actividade literaria, tanto en húngaro como en ruso.[3] Entre 1925 e 1928 foi director do Teatro da Revolución (posteriormente Teatro Makhakowski). O seu primeiro conto foi publicado en 1924 e o primeiro volume publicouse en ruso en Moscova. Os temas das súas obras eran, principalmente, os acontecementos da primeira guerra mundial e da Guerra Civil Rusa. Nesta etapa da súa vida tivo os seus primeiros contactos co comunismo. As obras literarias de Máté Zalka foron dedicadas principalmente a temas militares.

O seu primeiro conto publicado, "Porse ao día", publicado en 1924, tratou sobre a Guerra Civil en Rusia. O mesmo tema aparece nos escritos posteriores "Ataque de cabalaría", en 1929, e "Mazás", en 1934. O motivo principal da súa obra é a fraternidade internacional. A súa obra máis famosa foi "Doberdo", novela escrita en 1937, pouco antes da súa partida a España.

Brigadas Internacionais

[editar | editar a fonte]

En novembro de 1936 incorporouse ás Brigadas Internacionais na Guerra Civil Española, como outros comunistas da URSS. Foi nomeado Comandante en Xefe da XII Brigada Internacional[3] e participou, co seu adxunto Alexei Eisner, na defensa da capital e nos combates da Cidade Universitaria de Madrid. Debido aos seus éxitos, foi crecendo a súa popularidade, e pronto foi coñecido como Xeneral Paul Lukács. A comezos do verán de 1937 foi enviado á Fronte de Aragón ao mando dunha mestura de unidades das Brigadas Internacionais (a posterior 45ª División Internacional) para intervir na Ofensiva de Huesca. A cidade atopábase completamente asediada desde o comezo da guerra.

O 11 de xuño, mentres realizaba unha inspección da fronte no seu vehículo persoal, un obús de artillaría alcanzouno e morreu no acto. Foi substituído no mando da división polo xeneral Emilio Kléber, militar de sona das Brigadas Internacionais.

Repatriación dos seus restos

[editar | editar a fonte]

Os seus restos foron enterrados inicialmente no sur da España republicana, mais serían recuperados pola súa familia tras o final do franquismo. O sobriño de Zalka, quen tamén loitou na guerra española, foi convidado pola familia real española a unha cerimonia para celebrar o fin da Guerra Civil. Os restos de Zalka foron trasladados a Hungría e sepultados nun cemiterio militar en Budapest, xunto con outros altos heroes militares húngaros.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/M%C3%A1t%C3%A9_Zalka

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy