Content-Length: 68172 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Agricultura_de_Galicia

Agricultura de Galicia - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Agricultura de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Homenaxe á muller labrega en Sandiás.

Tradicionalmente, a agricultura galega, caracterizada polo minifundismo, baseouse no policultivo e no traballo intensivo. Nos últimos tempos, o sector experimentou cambios profundos de cara á súa modernización.

A agricultura galega caracterízase polo minifundismo.

Na actualidade [Cómpre referencia], os cultivos de maior extensión son os seguintes:

  • Plantas forraxeiras (millo forraxeiro e praderías polifitas): 230 987 ha de superficie e 11 342 200 t de produción. Son a base da produción gandeira galega e, xunto cos prados e pasteiros, constitúen o eixe da paisaxe agraria na meirande parte do territorio.
  • Cereais: o trigo e o centeo ocupan 24 156 ha de superficie, cunha produción de 62 738 t.
  • Vide: 30 806 ha de superficie, das que o 25,3% está acollido a algunha das denominacións de orixe, e 234 744 t de produción. As maiores extensións de viñedo danse nas provincias de Pontevedra e Ourense.
  • Pataca: 22 413 ha de superficie e 462 781 t de produción. É un cultivo tradicional moi prezado pola súa calidade e sabor. O 3% da superficie está acollida á denominación específica Pataca de Galicia, cunha produción de 3 604 t.
  • Cultivos hortícolas: a produción de tomate, leituga, cebola, feixón verde, repolo e coliflor conta cunha superficie de 7 140 ha. Son produtos de alta calidade, vinculados a pequenas hortas familiares, en gran parte orientados ó autoconsumo, pero cunha clara tendencia a adaptarse ós mercados e a conseguir unha maior profesionalización.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Agricultura_de_Galicia

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy