Content-Length: 94032 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Alessandra_Aguilar

Alessandra Aguilar - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Alessandra Aguilar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlessandra Aguilar

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de xullo de 1978 Editar o valor en Wikidata (46 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaratoniana , atleta Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivaMaratón
corrida a corta-mato (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
2016Atletismo nos Jogos Olímpiccos de Verão de 2016 (pt) Traducir
2012Xogos Olímpiccos de 2012
2008Xogos Olímpiccos de 2008 Editar o valor en Wikidata

Facebook: alessandra.aguilarmoran Twitter: alessanaguilar IAAF: 14262157 Olympic.org: alessandra-aguilar Editar o valor en Wikidata

Alessandra Aguilar Morán, nada o 1 de xullo de 1978 en Lugo, é unha fondista galega.[1] Competiu en tres Xogos Olímpiccos (Pequín 2008, Londres 2012 e Río 2016), na proba de maratón.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi campioa de Europa na categoría Júnior, e na categoría Promesa gañou o Campionato de España de 5.000 metros en pista, o Triangular Gran Bretaña-España-Francia de 3.000 metros, e varios Campionatos de España Universitarios de 5.000, entre outros. Xa na categoría absoluta, ten participado en diversas probas coma os Campionatos de Europa de Medullín, Edimburgo e Useedom, o Campionato do Mundo de San Galmier e o de Fukuoka, ou o maratón de Rotterdam[2].

Tamén correu o maratón feminino dos Xogos Olímpiccos de Londres 2012, onde quedou no posto 26º cun tempo de 2:29'19"[3], sendo a mellor clasificada das tres españolas que competían, e mellorando a súa marca dos Xogos de Pequín, onde fixera un tempo de 2:39'29" (posto 54). No Campionato Mundial de Atletismo de 2013 quedou 5ª na proba de maratón, cun tempo de 2:32'38".

No maratón dos Xogos de Río 2016 abandonou no quilómetro 27.

  1. Ficha Ficha na páxina do Comité Olímpicco Español (en castelán).
  2. Currículum deportivo de Alessandra Aguilar. Principais participacións ata 2008.
  3. Resultados oficiais do maratón feminino. Páxina web oficial dos Xogos Olímpiccos de Londres 2012 (en inglés).








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Alessandra_Aguilar

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy