Content-Length: 226132 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Bellinzona

Bellinzona - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Bellinzona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBellinzona
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 46°11′44″N 9°01′26″L / 46.195555, 9.023809
Estado federadoSuíza
CantónsTesino
Distrito (pt) TraducirDistrito de Bellinzona (pt) Traducir
Subdistrict of the canton of Ticino (en) TraducirBellinzona Subdistrict (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación43.785 (2023) Editar o valor en Wikidata (265,43 hab./km²)
Lingua oficiallingua italiana Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie164,96 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRio Ticino (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude230 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históriccos
Precedido por
Gudo (pt) Traducir, Claro (pt) Traducir, Moleno (pt) Traducir, Gnosca (pt) Traducir, Gorduno (pt) Traducir, Giubiasco (pt) Traducir, Camorino (pt) Traducir, Sant'Antonio (pt) Traducir, Preonzo (pt) Traducir, Pianezzo (pt) Traducir, Sementina (pt) Traducir e Monte Carasso (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Santo padrónPedro Editar o valor en Wikidata
Organización política
Membro de
SGV-ACS (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal6500, 6501 e 6503 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónicco091 Editar o valor en Wikidata
Código de municipio suízo5002 Editar o valor en Wikidata
Lugar do Patrimonio suízo

Páxina webbellinzona.ch Editar o valor en Wikidata

Bellinzona (en italiano Bellinzona, en francés Bellence/Bellinzone, en alemán Bellenz/Bellinzona, en latín Bilitio) é unha cidade suíza, capital do cantón do Tesino e do distrito de Bellinzona.

A cidade foi mencionada por primeira vez co nome de Bilitio nun texto escrito no ano 590, cando ocorreu o encontro entre unha fracción de guerreiros francos en dirección do paso de Lucomagno e os longobardos que habitaban na fortaleza de Bellinzona:

Olo autem dux ad Bilitionem huius urbis castrum, in campis situm Caninis, inportunae accedens, iaculo sub papilla sauciatus, cecidit et mortuus est

Durante o alto medioevo Bellinzona convértese nun lugar de grande importancia entre Como e Milán, para entrar na grande órbita milanesa a partir do século XV. Na primeira metade do século XVI, seguindo as complexas vicisitudes políticco-militares do ducado de Milán, Bellinzona foi cedida polos franceses aos confederados suízos. A cidade será controlada como bailía (especie de colonia) até finais do século XVIII cando Napoleón invade o territorio suízo, obrigando á creación de dous cantóns soberanos no sur, o cantón de Bellinzona e o cantón de Lugano, que logo se fusionarían en 1803 para daren vida ao cantón do Tesino.

Bellinzona foi escolleita coma capital cantonal, logo de varias décadas de rotación da cidade capital entre Lugano e a mesma Bellinzona. Actualmente, a cidade é a sede do goberno cantonal tesinés e do Tribunal Penal Federal. Neste momento, atópase en discusión a posibilidade de fusión da cidade, coas comunas limítrofes do distrito, coa idea de obter un mellor realce urbano e un maior peso tanto a nivel cantonal como a nivel nacional, ademais de obter maiores fontes de financiamento e reducir os custos da administración dunha rexión en crise económica.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A cidade atópase situada no centro de cantón, a beiras do río Tesino. A localidade atópase nunha posición de camiños privilexiada. Da cidade parten as rutas cara aos pasos do San Gotardo, Lucomagno, San Bernardino e de Nufenen. Bellinzona está nunha altura de 238 metros sobre o nivel do mar, ten unha superficie de 19,84 km² e a súa poboación a decembro de 2006 era de 16 983 habitantes. Limita ao norte coa comuna de Gorduno, ao leste con Arbedo-Castione, ao sur con Sant'Antonio, Pianezzo e Giubiasco, e ao oeste con Monte Carasso.

Palacio de goberno do Cantón do Tesino.

A cidade é famosa polos seus tres castelos: Castelgrande, Montebello e Sasso Corbaro, os cales pertencen desde o ano 2000 ao Patrimonio da Humanidade da Unesco, así como a muralla do antigo burgo.

Os tres castelos, muralla e defensas do burgo de Bellinzona
Os castelos de Montebello e Sasso Corbaro sobre Bellinzona.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísSuíza Suíza
Localización46°11′44″N 9°01′26″L / 46.19556, -9.02389
TipoCultural
CriteriosIV
Inscrición2000 (24ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador884

Divisións

[editar | editar a fonte]

A Comuna de Bellinzona comprende as seguintes circunscricións electorais:

  • Centro Sud.
  • Centro Nord.
  • Daro (fracción).
  • Carasso e Galbisio (fracción).
  • Ravecchia (fracción).
  • Semine.
  • Gerretta.
  • Pedemonte.
  • Artore (fracción).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Bellinzona

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy