Content-Length: 87794 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Pezas_bucais

Pezas bucais - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Pezas bucais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esquema dun crustáceo malacostráceo.
No céfalon, móstranse (en cor rosada) as mandíbulas, as maxílulas e as maxilas.

Nos artrópodos, denomínanse pezas bucais ao conxunto de escleritos e apéndices que rodean a boca e contribúen á captura e inxestión do alimento. Trátase de estruturas evolutivamente moi plásticas, que radiaron a partir dunha morfología primitiva orixinando unha gran variedade de aparatos bucais.

Mandibulados

[editar | editar a fonte]

Os mandibulados (crustáceos, miriápodos e insectos) teñen un modelo básicco común de cabeza formado por cinco segmentos ou metámeros (máis o acron preoral, aínda que este está en discusión).[1] O primeiro e o segundo segmentos non posúen apéndices bucais; o terceiro segmento leva as mandíbulas, o cuarto o primeiro par de maxilas (maxílulas) e o quinto o segundo par de maxilas. En cada grupo, dita estrutura básica sofre máis ou menos modificacións.

Crustáceos

[editar | editar a fonte]
Mandíbula dun crustáceo anfípodo
1: proceso molar; 2: espiñas; 3: lacinia; 4: dentes apicais; 5: palpo mandibular.

Os apéndices dos crustáceos son birrámeos, e as pezas bucais non son unha excepción. Porén, os enditos adoitan estaren moi desenvolvidos formando grandes gnatobases (de gnatos 'mandíbula') que realizan as funcións principais; pola contra, as dúas ramas dos apéndices desempeñan un papel secundario e con frecuencia están reducidas ou faltan por completo.[2]

Os apéndices que forman as pezas bucais dos crustáceos son:

  • Apéndices cefáliccos: trátase de tres pares de apéndices situados na cabeza que están directamente relacionados coa alimentación.
  • Apéndices nom cefáliccos: con frecuencia, os primeiros apéndices toráciccos (toracópodos) transfórmanse en apéndice bucais auxiliares.
Radiación adaptativa das pezas bucais dos insectos.
lr (vermello): labro, md (verde): mandíbulas, mx (amarelo): maxilas, lb (azul): labio.

A estrutura primitiva das pezas bucais dos insectos consta dos seguintes elementos:

  • Labro (labrum ou labio superior). Esclerito dorsal impar que recobre as demais pezas da boca.
  • Mandíbulas. Pezas pares coa marxe interna cortante e ás veces dentado que serven para soster e desmiuzar o alimento.
  • Maxilas. Primeiro par de maxilas (= maxílulas dos crustáceos). Pezas pares provistas dun pequeno apéndice formado por varios artellos, chamados palpos maxilares.
  • Labio (labium). Peza impar resultado da fusión do segundo par de maxilas, dúas pezas pares similares ás maxílulas; tamén existen palpos articulados, chamados palpos labiales.

Miriápodos

[editar | editar a fonte]

A estrutura básica das pezas bucais dos miriápodos é similar á dos insectos. As mandíbulas están presentes en todos os grupos de miriápodos. O primeiro e o segundo par de maxilas sofren diversas modificacións.

Quelicerados

[editar | editar a fonte]
A: quelíceros en navalla; B: quelíceros en tesoura; C: quelíceros triarticulados en pinza.
Artigo principal: Quelícero.

Os quelicerados carecen de mandíbulas. Os apéndices bucais característiccos son os quelíceros, que ocupan unha posición preoral e non son homólogos das mandíbulas.

A súa morfoloxía é variada; poden acabar en pinza, como nos escorpións e opilións, ou en uña, como nos amblipixios e araneidos; estes últimos posúen unha glándula velenosa asociada ao quelícero.

Con frecuencia, o primeiro par de apéndice postorais, os pedipalpos, adquire función trófica, colaborando cos quelíceros na captura do alimento, como nos escorpións que posúen grandes pedipalpos acabados en pinza.

  1. Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª edición. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 0-87893-097-3.
  2. Armengol, J. et al., 1986. Artròpodes (I). Història Natural dels Països Catalans, 9. Barcelona: Enciclopèdia Catalana, S. A. ISBN 84-85194-84-5.








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Pezas_bucais

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy