Content-Length: 129177 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Dem%C3%A9ter

Deméter - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Deméter

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Véxase tamén: Demeter (satélite).

Busto de Deméter.

Deméter (en grego antigo Δημήτηρ ou Δημητρα, ‘deusa nai’) é a deusa grega da agricultura, e protectora do matrimonio e a lei sagrada. Era louvada como a «portadora das estacións» nun himno homérico, un sinal de que era adorada moito antes da chegada dos olímpicos. O himno homérico a Deméter foi datado sobre o século -VII. Xunto coa súa filla Perséfone, eran as personaxes centrais dos misterios eleusinos que tamén precederon ó panteón olímpico.

Na mitoloxía romana asociábase a Deméter con Ceres. Cando se lle deu a Deméter unha xenealoxía, díxose que era filla dos titáns irmáns Cronos e Rea (ambos fillos de Xea e Urano), e polo tanto irmá máis vella de Zeus. Con este tivo unha filla, Perséfone, raíña do inframundo.

É doado confundir a Deméter con Xea, a súa avoa, e con Rea, a súa nai, ou Cibeles. Os epítetos da deusa revelan o amplo das súas funcións na vida grega. Deméter e Core (‘a doncela’) adoitaban ser invocadas como to theo (‘as dúas deusas’), e así aparecen nas inscricións en lineal B do Pilos micénico en tempos pre-helénicos. É bastante probable que existise unha relación cos cultos a deusas da Creta minoica.









ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Dem%C3%A9ter

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy