Dirham dos Emiratos Árabes Unidos
Dirham dos Emiratos Árabes Unidos | |
---|---|
درهم إماراتي en árabe | |
Código: | AED |
Ámbito: | Emiratos Árabes Unidos |
Símbolo: | د.إ |
Fracción: | 100 fils |
Moedas: | 25, 50 fils, 1 dirham |
Billetes: | 5, 10, 20, 50, 100, 200, 500, 1,000 dirhams |
Emisor: | |
Taxa de troco: | |
O dirham ( درهم ) é a moeda oficial dos Emiratos Árabes Unidos. O seu código ISO 4217 é AED. Está dividido en 100 fils.
Historia
editarA palabra dirham deriva do grego "Drachmae", literalmente “puñado”, a través do latín.[1] Debido a séculos de comercio e uso, o dirham sobreviviu durante o réxime otomán.
O dirham foi introducido nos Emiratos Árabes Unidos o 19 de maio de 1973, para substituír o rial qatarí. O rial circulara en Qatar e Dubai desde 1966, mentres que en Abu Zabi a moeda era o dinar bahrainí. Antes de 1966 en todos os emiratos que formaron a federación circulaba a rupia do Golfo. Durante a transición desta ao rial, adoptaron un tempo o rial saudita.
Moedas
editarEn 1973 introducíronse as moedas de 1, 5, 10, 25 e 50 fils, e 1 dirham. As moedas de 1, 5 e 10 fils son de bronce, mentres as de maior valor son de cuproníquel. En 1995 reduciuse o tamaño das moedas de 50 fils e 1 dirham, adoptando unha moeda de 50 con forma de heptágono equilátero cos lados curvados.
Os valores das moedas están escritos en numerais árabes e o texto en árabes. As moedas de 1, 5 e 10 fils son pouco usadas na actualidade.
Fraude
editarEn agosto do 2006 coñeceuse que a moeda de 1 peso filipino era do mesmo tamaño cá de 1 dirham, tendo un valor moi baixo. O mesmo ocorre coas moedas de 10 cent australianas, a de 5 rupias paquistanís, a de 50 baisa omaní e a de dirham marroquí.
Para evitar a fraude, os billetes levan un falcón en marca de auga.
Billetes
editarO 20 de maio de 1973 o U.A.E. Currency Board introduciu billetes de 1, 5, 10, 50 e 100 dirhams. O billete de 1000 dirhams foi introducido o 3 de xaneiro de 1976.[2] En 1982 creouse a segunda serie de billetes, na que non había billetes de 1 nin de 1000. O ano seguinte introduciuse o billete de 500 e en 1989 o de 200 dirhams. Finalmente reintroduciuse o billete de 1000 dirhams en 1989.
Os textos do anverso dos billetes está escrito en árabe con números árabes. O reverso está en inglés con números arábigos.
Serie de 1982 | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
Imaxe | Valor | Cor | Dimensións (mm) | Descrición | ||
Anverso | Reverso | Anverso | Reverso | |||
[1] | [2] | 5 Dirhams | Marrón | 157 x 67 | Sharjah Central Souq | Mesquita de Imam Salem Al Mutawa en Sharjah |
[3] | [4] | 10 Dirhams | Verde | 147 x 62 | Khanjar, daga tradicional de Omán | granxa |
[5] | [6] | 20 Dirhams | Azul | 149 x 63 | Fachada do Dubai Creek Golf e Yacht Club | Mercado tradicional |
[7] | [8] | 50 Dirhams | Morado | 151 x 64 | Oryx | Forte Al Jahli en Al Ain |
[9] | [10] | 100 Dirhams | Rosa | 155 x 66 | Forte Fahidi | Edificio do Dubai World Trade Centre |
[11] | [12] | 200 Dirhams | Verde e marrón | 157 x 67 | Zayed Sports City e xulgado | Edificio do United Arab Emirates Central Bank |
[13] | [14] | 500 Dirhams | Azul mariño | 159 x 68 | Falcón | Mesquita Jumeirah |
[15] | [16] | 1000 Dirhams | Azul verdoso | 163 X 70 | Palacio de Al Hosn | Abu Dhabi Corniche |
Notas
editar- ↑ "Merriam Webster Dictionary". Consultado o 27 de febreiro de 2014.
- ↑ Linzmayer, Owen (2012). www.BanknoteNews.com, ed. The Banknote Book. San Francisco, CA.