Emiratos Árabes Unidos

estado federal na Península de Arabia

Os Emiratos Árabes Unidos son unha federación de emiratos situados na Península de Arabia. Limitan ó norte con Qatar e co Golfo Pérsico; ó leste co Golfo de Omán e Omán; e ó sur e oeste con Arabia Saudita. A súa planicie costeira é estéril e fúndese co deserto arábico. A federación está integrada por 7 emiratos (imarat; singular - imarah)

Modelo:Xeografía políticaEmiratos Árabes Unidos
الإِمَارات العربِيَّة المُتَّحِدة (ar)
United Arab Emirates (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoĪschī Bilādī Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 24°24′N 54°18′L / 24.4, 54.3
CapitalAbu Zabi Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación9.890.400 (2020) Editar o valor en Wikidata (118,31 hab./km²)
Lingua oficiallingua árabe Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie83.600 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porGolfo Pérsico e Golfo de Omán Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoJebel Jais (en) Traducir (1.900 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoGolfo Pérsico (0 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1971 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía federal
monarquía absoluta
monarquía constitucional Editar o valor en Wikidata
• Presidente Editar o valor en WikidataMaomé bin Zayed Al Nahyan (pt) Traducir (2022–)
Khalifa bin Said bin Sultan Al-Nahian (2004–2022)
Zayed bin Sultan Al Nahyan (1971–2004) Editar o valor en Wikidata
• Prime Minister of the United Arab Emirates (en) Traducir Editar o valor en WikidataMohamed bin Rashid Al Maktum Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoFederal Supreme Council (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal415.021.590.688 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
MoedaDirham dos Emiratos Árabes Unidos Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.ae e .امارات Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+971 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112, 997, 998 e 999 Editar o valor en Wikidata
Código de paísAE Editar o valor en Wikidata

Sitio webu.ae Editar o valor en Wikidata
Twitter: uaedgov Instagram: uaemgov Youtube: UCPV8A2GtmHK4Ac-3iBZIJpg BNE: XX453677 Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

Os sete sultanatos da costa que conforman o país concederon ao Reino Unido, nun tratado do século XIX, a defensa do territorio e o manexo das relacións exteriores. Logo de expirar o tratado o 1 de decembro de 1971, seis deles (Abu Zabi, Axman, Dubai, Fujairah, Sharjah e Umm al Quywain) declararon o día seguinte, 2 de decembro, a formacións dos Emiratos Árabes Unidos. En febreiro de 1972 uniríase á federación o sultanato de Ras al-Khaimah.

Política

editar

Os Emiratos Árabes Unidos son unha federación de sete sultanatos que se gobernan baixo monarquías absolutas, cada un por un emir con poderes específicos. O goberno central fórmao o consello supremo, formado polos sete emires. O presidente federal elíxese entre os emires hereditarios e adoita ser o xeque de Abu Zabi e o primeiro ministro o de Dubai.

Organización territorial

editar

A continuación indícanse os sete emiratos que compoñen o país e os seus respectivos gobernantes (xeques).

Bandeira Emirato Capital Poboación
2008[1]
% da
poboación total
Área
(km²)[1]
% da área
total
Densidade
  Abu Zabi Abu Zabi 1.548.655 31´2% 67.340 86´7% 25
  Axman Axman 372.923 7´5% 259 0´3% 996
  Emirato de Dubai Dubai 1.770.533 35´6% 3.885 5´0% 336
  Fujairah Fujairah 137.940 2´9% 1.165 1´5% 109
  Ras al-Jaimah Ras al-Jaimah 171.903 3´4% 1.684 2´2% 122
  Sharjah Sharjah 895.252 18´0% 2.590 3´3% 262
  Umm al Qaywayn Umm al-Quiwain 69.936 1´4% 777 0.9% 88
  UAE Abu Zabi 4.967.142 100% 77.700 100% 56

Xeografía

editar
 
Mapa dos Emiratos Árabes Unidos

Os Emiratos están situados na península Arábiga, bordeando o golfo de Omán e o Golfo Pérsico, entre Arabia Saudita e Omán. A práctica totalidade do país é desértica.

É unha planicie costeira, chaira e árida, que se funde no interior cun vasto deserto ermo de dunas móbiles de area. A súa estratéxica localización rodeando polo sur o estreito de Ormuz convértelle nun vital paso do tránsito do comercio de cru mundial. Os EAU está considerado como un dos quince países que conforman o "Berce da Humanidade".

A demarcación das fronteiras de 1974 e 1977 entre Arabia Saudita e Emiratos Árabes Unidos nunca se publicaron. E o que é máis, a fronteira exacta entre os dous países só a coñecen os seus gobernos.

Economía

editar

A riqueza dos Emiratos Árabes Unidos está en gran medida baseada na explotación de petróleo e gas natural, que representan ao redor do 20% do seu PIB. A nación árabe é o terceiro maior produtor de petróleo no Golfo Pérsico logo de Arabia Saudita e Irán (a produción en Iraq diminuíu considerablemente pola guerra). Desde 1973, os EAU sufriron unha profunda transformación, pasando de ser unha rexión empobrecida de pequenos principados a un estado moderno con altos estándares de vida. O PIB per cápita do país non está moi afastado do das principais nacións de Europa occidental. A súa xenerosidade no investimento das súas ganancias petrolíferas e a súa política exterior moderada permitíronlle xogar un papel vital nos asuntos da rexión.

En anos recentes, o goberno buscou a diversificación das súas fontes de ingreso para diminuír a súa dependencia nas reservas limitadas de petróleo. Un resultado destes esforzos foi o desenvolvemento sostido do turismo, baseado en infraestrutura hostaleira costeira, desértica e deportiva. O éxito destas empresas, axuntado a factores como o prezo relativamente baixo de materias primas, o clima cálido que prevalece durante case todo o ano, marabillas da arquitectura como Burj al-Arab e Palm Islands, e a actitude amigable cara a Occidente levou a moitos a chamar aos Emiratos Árabes Unidos o Singapur ou o Hong Kong de Medio Oriente.

Demografía

editar

No ano 2018, os Emiratos Árabes Unidos tiñan unha poboación de 9 543 000 de habitantes. Tan só o 11,48% naceu nese país. En 2007, o 23% eran inmigrantes de orixe árabe e iraniana, o 50% inmigrantes do sur de Asia, e o restante 8% estaba composto por inmigrantes doutras etnias. O idioma oficial é o árabe. A esperanza de vida é de 75 anos. O 77.9% da poboación esta alfabetizada. A media de fillos por muller é de 2.43.

As crenzas relixiosas son na súa maioría musulmáns (o islam é a relixión estatal). Con todo, hai minorías considerables de cristiáns, hindús e outros credos.

Cultura

editar

A cultura do país está fortemente influenciada polo islam, relixión que profesa a case totalidade da poboación.

Data Nome en galego Nome local
1 de xaneiro Ano novo cristián Ra's as-sana al-mīlādiyya (رأس السنة الميلادية)
Varios O día do sacrificio ʿĪd al-Aḍḥà (عيد الأضحى)
Varios Ano novo islámico Ra's as-sana al-ḥiŷriyya (رأس السنة الهجرية)
6 de agosto Acceso ao trono do xeque Zayed bin Sultan-ao Nahyan  
Varios A viaxe nocturna de Mahoma (Isra) Al-Isrā' wa-l-Miʿrāŷ (الإسراء و المعراج)
2 de decembro Día nacional Al-ʿĪd al-Qawmī (العيد القومي)
Varios Fin de Ramadán ʿĪd al-fiṭr (عيد الفطر)

Educación

editar
 
Universidade Americana de Sharjah.

A educación ata o ensino secundario está dirixido polo Ministerio da Educación, e consiste de escolas primarias, escolas intermediarias e escolas secundarias. O currículo das escolas públicas é axustado para as metas e valores do país, cunha énfase no inglés como segundo idioma. Hai tamén moitas escolas particulares, algunhas con recoñecemento no estranxeiro. As escolas públicas son gratuítas para cidadáns dos Emiratos.

A educación superior esta dirixida polo Ministerio da Educación Superior. Hai 4 grandes institucións: a Universidade dos Emiratos Árabes Unidos, a Universidade Zayed, a Facultade de Medicina do Golfo e o Colexio Superior de Tecnoloxía. Hai tamén institucións particulares, como a Universidade de Sharjah e a Universidade Americana de Sharjah.

Mapas e imaxes

editar
  1. 1,0 1,1 "Census 2008". Ministry of Economy and Planning, Government of the United Arab Emirates. 2008. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy