Hezbolá

(Redirección desde «Hesbulá»)

Hezbolá,[1] Hizbulá, Hesbulá, Hezbollah ou Hizb Allāh, (en árabe ‮حزب الله‬, que significa "Partido de Deus"), é un grupo islamista libanés que ten un brazo civil e un brazo militar. Fundouse en 1982 como resistencia á invasión israelí do sur do Líbano. O máximo líder de Hezbolá foi Hassan Nasralah até ser asasinado polos bombardeos israelís sobre Beirut en setembro de 2024.[2]

Hezbolá
Tipopartido político, organización armada, organización terrorista e ator não estatal
IdeoloxíaIslamismo, antissionismo, antiimperialismo, nacionalismo árabe, Khomeinism, Antisemitismo, Sentimento antiocidental e Pan-islamismo
Data de fundaciónanos 1980
Fundador(es)Mohammad Hussein Fadlallah, Ali Akbar Mohtashamipur e Imad Mughniyah
Nomeado en referencia aḤizb Allāh
Secretario/aHassan Nasrallah e Naim Qassem
Eventos/ActividadesMajdal Shams attack
SedeBeirut
PaísLíbano
Na rede
https://www.moqawama.org.lb
Last fm: HEZBOLLAH Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

Hezbolá é considerado por gran parte do mundo árabe e musulmán como un lexítimo movemento de resistencia. No Líbano é un partido político legal que incluso chegou a formar parte do goberno. Porén, a causa dos seus ataques militares a Israel e das súas relacións políticas e ideolóxicas con outras organizacións, coma Hamas ou o Xihad Islámico, os Estados Unidos considérano unha organización terrorista. A Unión Europea, porén, ten por terrorista unicamente a súa parte militar.

Hezbolá é, a canda Amal, a principal expresión política da comunidade xiíta libanesa, o grupo máis importante dun país cunha extraordinaria diversidade relixiosa.

Fundada grazas ao apoio de Irán, Hezbolá segue a ideoloxía islamita que preconizaba o aiatolá Ghomeini, líder da Revolución Islámica iraniana. O obxectivo de Hezbolá é a implantación dun estado islámico no Líbano, malia que admiten que só se podería implantar co consenso da poboación libanesa. Ademais do seu brazo armado, o movemento conta cunha infraestrutura civil que, de xeito semellante ao palestino Hamas, prové a poboación de servizos sociais, sanitarios e educativos. A súa campaña de reconstrución Xihad al-Bina realizou diversos proxectos de desenvolvemento económico e de infraestruturas nas áreas do Líbano con maioría de poboación xiíta. Na actualidade Hezbolá ten oito deputados no parlamento libanés, e forma parte do goberno de coalición.

Existen importantes vencellos entre Hezbolá e o goberno de Siria. Por conseguinte, Hezbolá oponse á evacuación das tropas de ocupación sirias despregadas no Líbano, e que están en proceso de retirada como consecuencia da denominada Revolución do cedro. Non recoñece a existencia do estado de Israel, e a súa retórica expresa o desexo de destruílo. En 2000, Hezbolá debeu de disolverse logo da retirada de Israel do sur do Líbano, pero seguiu operando e atacando con mísiles o territorio israelí.

En xullo de 2006 dous soldados das forzas armadas israelís despregadas nos Altos do Golán, zona fronteiriza entre Israel, Xordania, Líbano e Siria foron secuestrados. A acción foi reivindicada por Hezbolá, o que levou á maior intensidade de violencia na zona dende a operación Paz de Galilea, en 1982. As tropas israelís bombardearon Beirut e diversas infraestruturas do Líbano, bloquearon as dúas vías de transporte por terra, mar e aire, e provocou numerosos mortos. Un ataque de Hezbolá con mísiles catiuxa sobre a cidade de Haifa provocou a morte de oito civís israelís.

  1. "Hezbolá". egu.xunta.gal. Consultado o 30 de setembro de 2024. 
  2. Pita, Antonio (28 de setembro de 2024). "Israel mata a Hasan Nasralá, máximo líder de Hezbolá, en un bombardeo en Beirut". elpais.com (en castelán). Consultado o 30 de setembro de 2024. 

Véxase tamén Modelo:Commmonscat

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy