Max Scheler

filósofo alemán

Max Scheler, nado en Múnic o 22 de agosto de 1874 e finado en Frankfurt am Main o 19 de maio de 1928, foi un filósofo alemán que concibiu a ética material dos valores.

Modelo:BiografíaMax Scheler

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de agosto de 1874 Editar o valor en Wikidata
Múnic, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte19 de maio de 1928 (53 anos)
Frankfurt, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCologne Southern Cemetery (en) Traducir, 18 Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Múnic
Universidade de Jena
Universidade Humboldt de Berlín Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFenomenoloxía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Colonia
Múnic Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, sociólogo, profesor universitario, antropólogo, axiologia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Múnic
Universidade de Jena
Universidade de Gotinga
Universidade de Colonia Editar o valor en Wikidata
AlumnosCarlos Astrada (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
DoutorandoHermann Rudolf Bäcker Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMärit Scheler-Furtwängler Editar o valor en Wikidata
FillosMax Scheler Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Шелер Макс)
Obálky knih,
Enciclopedia soviética armenia, volume 8, (p.476) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1158853

Traxectoria

editar

Fillo dun luterano e unha xudía ortodoxa, estudou en Múnic e en Berlín e ensinou en Jena, Múnic e Colonia. Recibiu unha grande influencia da fenomenoloxía de Edmund Husserl e do vitalismo de Henri Bergson. Pronunciouse precozmente contra a ameaza do nazismo.

Pensamento

editar

Max Scheler persegue unha formulación ética a priori, ao igual que Kant, pero non formal e abstracta, senón material e chea de contido. Este contido son os valores que, por universais e necesarios, constitúen unha ética a priori.

Os valores non son realidades que poidamos atopar no mundo, propiamente os valores non son valen. Os valores son inespaciais e intemporais, gozan dunha grao de idealidade que os fai sobardar o espazo e o tempo. Partindo disto Max Scheler sostén que os valores están vencellados a situacións que provocan no interior do home unha reacción que vai alén da emoción e do sentimento. Porén, os valores son inalterables, o que pode mudar é a percepción que en cada época se teña deles. O home, en principio ten unha capacidade natural para acceder aos valores, aínda que esta precisa ser cultivada. Fronte ao valor cómpre tomar postura, non se pode ficar indiferente. A persoa será máis valiosa segundo os valores que realice.

Os valores poden ser positivos ou negativos; a opción ética consistirá en asumir os positivos e rexeitar os negativos. Para Max Scheler, a escolla derivará non tanto da racionalidade como dunha intuición emocional. Os valores non se razoan, cáptanse, deben ser realizados por eles mesmos e son autónomos.

Scheler establece a seguinte xerarquización: valores útiles, valores vitais, valores espirituais (de xustiza, filosóficos, de coñecemento...) e valores relixiosos. Non figuran os valores morais, porque a moral consiste precisamente na realización dos valores.

Na súa obra sobre O lugar do home no cosmos, comeza por constatar o que de común ten este coas plantas (o pulo afectivo) e os animais (instinto, memoria asociativa e intelixencia práctica). O que o diferencia é o que chama espírito que é o que o habilita para obxectivar as demais realidades, o dota de autoconciencia e lle outorga a liberdade e a apertura cara ao Absoluto. Isto non significa unha defensa do dualismo, pois existe unha soa actividade humana psico-orgánica.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy