Uadi

leito seco dos ríos en rexións áridas, que contén auga só na estación de choivas

Un uadi,[1] ás veces escrito wadi, wad ou ued,[2][3] é un termo de orixe árabe para referirse a un val ou a un río seco polo cal só discorre a auga na tempada de chuvias.

Saguia el Hamra, preto de O Aaiún

Dito doutro xeito, é un curso intermitente de auga, carcterístico das zonas desérticas ou semidesérticas.[1]

Etimoloxía

editar

Wadi deriva do árabe clásico وادي wādi (plural ´adiya),[4] que á súa vez provén da raíz semítica و د ي , relacionada con «sacar, asomar, proxectar de repente», en referencia ás súas augas. En árabe actual o termo máis común para referirse a un río estacional é, porén, shuʿaib (شعيب), xa que wādi pasoou a significar 'val', en xeral. Porén, ambos os termos póden usarse indistintamente.

Guad- e Odi- en Iberia

editar
 
Uadi en Nachal Paran, no deserto de Néguev (Israel)
 
Wādi Musa (Xordania)

En España o nome de moitos ríos teñen a forma guad-, especialmente no sur peninsular (Guadalhorce, Guadalquivir, Guadarrama e Guadiana, entre outros); recibiron este nome durante a dominación árabe, e provén da raíz árabe común wādi "val, leito (do río)".[3][5]

En Portugal configurouse como ode- ou odi- e é un prefixo común en moitos hidrónimos do sur do país: Odeleite, Odivelas, Odiana, Odemira, Odivarga, Odiáxere etc.[6]

Especulouse moito acerca da etimoloxía do río Odiel, na provincia de Huelva; Miguel Asín Palacios e arabistas posteriores defenderon que provén de wad-, porén a evidencia demostrou que procede do latín Urium, como era coñecido na época romana.[7]

Características

editar

Os leitos secos ou estacionais de ríos, torrentes e arroios son típicos de todas as rexións cálidas e semiáridas ou desérticas do mundo. Hai numerosos ’āwdiya na península Arábiga, no levante mediterráneo e no norte de África. Estes leitos poden ter até máis de cen metros de anchura; xeralmente, só levan auga durante breves tempadas chuviosas —de horas, días ou como moito semanas de duración— que poden ser de periodicidade anual ou esporádicas e impredicíbeis, tanto na época do ano en que ocorren como na pluviosidade.

Nestas rexións, a escasa vexetación é xerófila, espiñenta e de lento crecemento, e está limitada ao contorno dos ’āwdiya. Se no subsolo ou na superficie destes leitos secos se almacena a auga, a vexetación pode ter un carácter máis exuberante e orixinar un tipo de oasis, aínda que a vexetación natural nestes normalmente é substituída por especies domésticas, como a datileira (Phoenix dactylifera), árbores froiteiras, hortalizas e herbas forraxeiras, ás veces plantadas por quens habitan e usufructúan o oasis.

  1. 1,0 1,1 VV. AA. (2004): Dicionario de galego. Vigo: Ir Indo Edicións. ISBN 84-7680-504-7.
  2. Julivert, Manuel; Julivert Casagualda, Manuel (2003). El Sáhara: Tierras, pueblos y culturas. València: Universidade de Valencia. pp. 41–42. ISBN 978-84-3705-798-9. Consultado o 14 de febreiro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 Terés Sádaba, Elías (1986). Materiales para el estudio de la toponimia hispanoárabe: nómina fluvial, Volume 1. Madrid: CSIC. p. 236. ISBN 978-84-0006-278-1. Consultado o 14 de febreiro de 2022. 
  4. Hans Wehr (1976): A Dictionary of Modern Written Arabic, páx. 1059, columna 2.
  5. "etimologia". elcastellano.org. 
  6. Salloum, H. (2001). "Arabian Memories in Portugal". Saudi Aramco World (en inglés) (52-2). Consultado o 14 de febreiro de 2022. 
  7. Gordón Peral, M. D. (2009). "Análisis etimológico de la macrotoponimia onubense" (PDF). Huelva: Universidad de Huelva. Consultado o 14 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Ángel Ramos, editor (1987): "Zonas áridas" en: Diccionario de la naturaleza. Madrid: Espasa-Calpe. ISBN 84-2396-949-5.
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy