Saltar ao contido

Corporocracia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.

Corporatocracia, ou ben Corporocracia, é o goberno das grandes empresas, o cal é unha denominación dada a un goberno no cal o poder foi transferido desde o estado (é dicir, desde o pobo) ás grandes empresas.

Os procesos de privatizacións das empresas públicas poden ser o paso inicial desta forma de goberno, xa que o estado perde o seu poder regulador na economía e os servizos públicos e as empresas teñen unha maior influencia nas decisións do mesmo.

Definición

Corporatocracia é un neoloxismo derivado da palabra inglesa "corporatocracy" (que algunhas veces escríbese "corporocracy"). Esta palabra, creada polo Global Justice Movement, describe o goberno dunha sociedade na cal as persoas no poder toman decisións favorables ás grandes empresas en detrimento do pobo.

O termo inglés "corporation" referiríase a unha grande empresa ou sociedade anónima de capitais multinacionais. Deste xeito, no sentido xeral, "corporatocracia" implica a existencia dun goberno controlado por persoas que administran ou están intimamente relacionadas con estas grandes empresas, buscando maximizar os beneficios das mesmas.

Por este concepto, a través do mecanismo de extracción de renda monopólica ou extracción de renda oligopólica, estas grandes empresas son capaces de definir a axenda política nacional dos gobernos deste tipo, debaixo dunha fachada de democracia.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy