Wes Unseld
Westley Sissel "Wes" Unseld foi un xogador de baloncesto estadounidense que desenvolveu a súa carreira profesional nos anos 70. Naceu o 14 de marzo de 1946 en Louisville, Kentucky e faleceu o 2 de xuño de 2020. Unha vez retirado, foi adestrador dos Washington Bullets durante sete tempadas.
Traxectoria deportiva
[editar | editar a fonte]Universidade
[editar | editar a fonte]Unseld cursou os seus estudos na Universidade de Louisville, e en tres tempadas, conseguiu unhas medias de 20,4 puntos e de 18,9 rebotes por encontro, sendo no tres anos o máximo reboteador da súa conferencia.
Foi elixido na segunda posición da primeira rolda do Draft da NBA de 1968 polos Baltimore Bullets, e na súa primeira tempada conseguiu un fito que até ese momento só Wilt Chamberlain lograra: ser Rookie do Ano e MVP da liga na mesma tempada, despois de conseguir 18,2 rebotes por partido.
Xogou durante o seu trece anos de profesional no mesmo equipo, aínda que sufriu os cambios de denominación e de cidade do mesmo, xa que en 1973 trasladáronse a Washington, onde na súa primeira tempada denomináronse os Capital Bullets, para ser, finalmente, os Washington Bullets. Non foi un grande anotador, finalizou a súa carreira con 10,8 puntos por partido, mais si un excelente reboteador, conseguindo 14 capturas por encontro. Formou un tándem perfecto con Elvin Hayes, e xuntos levaron aos Bullets a catro finais da NBA, gañando o anel de campión en 1978, sendo ademais nomeado MVP das finais. Retirouse en 1981, con 34 anos de idade, e despois de disputar 984 partidos de liga regular.
Equipos
[editar | editar a fonte]Adestrador
[editar | editar a fonte]Na tempada 83-84 fíxose co cargo de adestrador asistente dos Bullets, e en metade desa tempada ocupou o de adestrador principal, estando á fronte do equipo durante sete tempadas. Gañou nese tempo 202 partidos, e perdeu 345, cunha porcentaxe do 36,9%.
Logros persoais
[editar | editar a fonte]- Campión da NBA en 1978.
- Rookie do Ano e MVP nun mesmo ano, 1969. A parte de Wes Unseld, soamente Wilt Chamberlain conseguiu facelo.
- MVP das Finais en 1978.
- Quinteto ideal da NBA en 1969.
- Máximo reboteador da NBA en 1975.
- Máximo reboteador da historia da franquía de Washington.
- Un dos poucos xogadores da historia que acumulan máis de 10 000 puntos e 10 000 rebotes.
- Premio ao Mellor cidadán en 1975.
- Membro do Basketball Hall of Fame dende 1988.
- Elixido un dos "50 mellores xogadores da historia da NBA" en 1996.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Estatísticas de Wes Unseld Arquivado 05 de abril de 2016 en Wayback Machine.
- Páxina de Unseld na web do Hall of Fame (en inglés)
- Nados en 1946
- Nados en Louisville, Kentucky
- Finados en 2020
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Pivotes de baloncesto
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores dos Baltimore Bullets
- Xogadores dos Capital Bullets
- Xogadores dos Washington Bullets
- Eleccións no Draft da NBA dos Baltimore Bullets
- Adestradores dos Washington Bullets
- Adestradores da NBA
- Adestradores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- MVP da Tempada da NBA
- MVP das Finais da NBA
- Rookie do Ano da NBA
- Membros do Salón da Fama da NBA