Saltar ao contido

A Riba, A Baña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Riba
Igrexa de San Xoán da Riba.
ConcelloA Baña[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°58′20″N 8°49′02″O / 42.97235005, -8.81725834
Área10,24 km²
Poboación266 hab. (2016)
Densidade25,98 hab./km²
Entidades de poboación13[1]
editar datos en Wikidata ]

San Xoán da Riba[1] é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Segundo o IGE de 2016 tiña 266 habitantes (141 mulleres e 125 homes) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 445 habitantes.

Consérvanse o petróglifo da Teixoeira, na aldea da Carballeira; o petróglifo da Pena de Miñato, na aldea de Ferreiros, xacemento este formado por catro grupos de gravados no superior; e o conxunto de mámoas nas Brañas de Ferreiros. A tradición oral fala dun poboamento que se localizaba na proximidade da lagoa das Brañas de Ferreiros, e que por motivos descoñecidos, se afundiu nas augas da lagoas. Atopouse restos de cerámica nesa zona.

Tamén hai dous grupos de mámoas no lugar de Carballeira e nas Teixoeiras[2] ou Campo das Minas. Segundo a tradición oral o nome do sitio viña de que por alí había ferro. Está o grupo do Campo da Feira cun total de cinco túmulos e o de Barreiros con catro. Próximo ao lugar da Bafadoira atopánse a de Costolla e un grupo de tres mámoas chamadas de Ventureira, e cerca do Campelo atopamos a Mámoa das Brañas e a do Campo da Tilla. En Vigobó tamén está a mámoa do Castelo e a mámoa da Mina dos Mouros, este último nun bo estado de conservación.[3]

A igrexa de San Xoán da Riba é orixinaria de estilo románico, sufrindo varias remodelacións entre os séculos XVII e XVIII. A día de hoxe é un conxunto de estilos entre os que se pode apreciar en diferentes partes da súa estrutura o barroco e o neoclásico.

No lugar da Riba existiu unha capela, xa desaparecida.

Feira da Carballeira

[editar | editar a fonte]

Neste lugar celebrábase unha feira de concesión real os últimos domingos de cada mes á que, ademais do gando das inmediacións, acudían vendedores de panos, lenzos, praterías e grans de todo tipo. Xa no 1851 se ten constancia da súa celebración. No 1897 esta feira foi trasladada á Baña.[4]

[editar | editar a fonte]
  • de Antelo, moía seis meses coa auga do río e fonte Eimil.
  • da Carballeira, ídem ao anterior.
  • da Portela, moía seis meses, en Trece, no río Eimil.
  • de Abaixo ou o da Cova do Batán, ídem ao anterior
  • o da Cova do Batán, ídem
  • Ponte de Espesedo, moía todo o ano coa auga do río Vilanova.
  • o da Braña de Espesedo, moía todo o ano coa auga do río Ponte Riveiro.
  • do Relo, no lugar de Loureiro, moía catro meses con auga da Braña e Rego das Pegas.
  • de Pintella de Ferreiros, que moía seis meses con auga da Fonte pedra de Silvariño.
  • 24, 25 e 26 de xuño: San Xoán
  • 1º domingo de outubro: O Rosario.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares da Riba

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia da Riba no concello da Baña (A Coruña)

Bafaduira | Campelo | A Carballeira | A Costa | Espesedo | Ferreiros | Folgueira | O Loureiro Pequeno | Manle | A Riba | San Xoán | Trece | Vigobó

Parroquias da Baña

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias da Baña

A Baña (San Vicenzo) | Barcala (San Xoán) | O Barro (Santa Mariña) | Cabanas (San Miguel) | Corneira (San Cristovo) | A Ermida (San Salvador) | Fiopáns (San Pedro) | Lañas (Santa Baia) | Marcelle (Santa Cristina) | Ordoeste (Santa María) | A Riba (San Xoán) | San Cibrán de Barcala (San Cibrán) | Sanamede do Monte (San Mamede) | Suevos (San Mamede) | Troitosende (Santa María)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy