A muller que camiña diante
A muller que camiña diante | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Woman Walks Ahead |
Director | Susanna White |
Produtor |
|
Guión | Steven Knight |
Intérpretes | |
Música | George Fenton |
Fotografía | Mike Eley |
Montaxe | Lucia Zucchetti Steven Rosenblum |
Estudio |
|
Distribuidora | |
Estrea | Festival de Toronto: 10 de setembro de 2017 29 de xuño de 2018 27 de setembro de 2022 (TVG) |
Duración | 102 minutos |
Orixe | Estados Unidos Reino Unido |
Orzamento | 5 millóns de dólares[1] |
Recadación | 80 912 dólares[2][3] |
Na rede | |
https://a24films.com/films/woman-walks-ahead | |
A muller que camiña diante (en inglés: Woman Walks Ahead) é un filme estadounidense-británico de 2017 dirixido por Susanna White e escrito por Steven Knight. O filme conta a historia de Caroline Weldon (Jessica Chastain), unha retratista que viaxa dende a cidade de Nova York até territorio lakota para pintar un retrato de Touro Sentado (Michael Greyeyes) en 1890. Chaske Spencer e Sam Rockwell tamén forman parte do elenco.
O filme estreouse no Festival de Toronto o 10 de setembro de 2017. Estreouse a través de DirecTV Cinema o 31 de maio de 2018, antes de ter un lanzamento limitado nos cinemas o 29 de xuño de 2018 a través de A24. Estreouse en galego o 27 de setembro de 2022 a través da TVG.[4] A dobraxe en galego e castelán foi feita por SDI Media.[5][6]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Caroline Weldon, unha retratista suízo-estadounidense viaxa de Brooklyn a territorio indíxena na década de 1890 para pintar un retrato de Touro Sentado, e vese envolta na loita do pobo lakota polos dereitos da súa terra.[7]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Jessica Chastain como Caroline Weldon
- Michael Greyeyes como Touro Sentado
- Sam Rockwell como Coronel Silas Grove
- Ciarán Hinds como James McLaughlin
- Michael Nouri como Karl Valentine
- Chaske Spencer como Chaska
- Bill Camp como Xeneral Crook
- Rulan Tangen como Susan McLaughlin
- Rachel Singer como Dry Goods Assistant
- Louisa Krause como Loretta
- Lyle Sandoval como Tracker
Produción
[editar | editar a fonte]O 3 de febreiro de 2016, informouse de que Jessica Chastain estaba en conversacións para interpretar á confidente de Touro Sentado no filme Woman Walks Ahead, dirixido por Susanna White.[8] O 14 de setembro de 2016, Michael Greyeyes, Sam Rockwell, Ciarán Hinds, Chaske Spencer e Bill Camp uníronse ao elenco, e a fotografía principal produciuse en Novo México.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Peele, Anna (6 de xuño de 2018). "How Jessica Chastain Emerged as a Leader for Gender Equality: "Your Silence Is Your Discrimination"". The Hollywood Reporter. Prometheus Global Media. Consultado o 6 de xuño de 2018.
- ↑ "Woman Walks Ahead (2018)". Box Office Mojo. Consultado o 11 de xuño de 2020.
- ↑ "Woman Walks Ahead". The Numbers. Consultado o 12 de setembro de 2018.
- ↑ AntRubal, ed. (27 de outubro de 2022). "A muller que camiña diante na TVG". Consultado o 6 de outubro de 2022.
- ↑ "Gonzalo Faílde - Ficha eldoblaje.com - Doblaje". www.eldoblaje.com. Consultado o 2024-03-17.
- ↑ "La Mujer Que Camina Delante - Ficha eldoblaje.com - Doblaje". www.eldoblaje.com. Consultado o 2024-03-17.
- ↑ Pollack, Eileen (2002). Woman Walking Ahead: In Search of Catherine Weldon and Sitting Bull. Albuquerque: University of New Mexico Press. ISBN 9781515965626.
- ↑ Jaafar, Ali (3 de febreiro de 2016). "Jessica Chastain To Star In 'Woman Walks Ahead' With Susanna White Directing". Deadline Hollywood (Penske Business Media). Consultado o 17 de setembro de 2016.
- ↑ Hipes, Patrick (14 de setembro de 2016). "Sam Rockwell, Michael Greyeyes & More Join Jessica Chastain In 'Woman Walks Ahead'". Deadline Hollywood (Penske Business Media). Consultado o 17 de setembro de 2016.