Saltar ao contido

Abdullah Abdullah

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAbdullah Abdullah

(2014) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ps) عبدالله عبدالله Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de setembro de 1960 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Cabul, Afganistán Editar o valor en Wikidata
Xefe Executivo de Afganistán
29 de setembro de 2014 – 15 de agosto de 2021
← Abdul Kabir (pt) TraducirAbdul Ghani Baradar →
Minister of Foreign Affairs of Afghanistan (en) Traducir
22 de decembro de 2001 – 21 de marzo de 2006 – Rangin Dadfar Spanta (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
EducaciónKabul University of Medical Sciences (en) Traducir
Universidade de Cabul (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, oftalmólogo, diplomático Editar o valor en Wikidata
Partido políticoNational Coalition of Afghanistan (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
22 de xaneiro de 2019Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2019
20 de xaneiro de 2016Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2016 Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1583959 Facebook: Dr.AbdullahAbdullah Twitter: DrabdullahCE Instagram: abdullahabdullah.af Editar o valor en Wikidata

Abdullah Abdullah, nado o 5 de setembro de 1960, é un médico e político afgán, é o actual Xefe Executivo de Afganistán dende o 29 de setembro de 2014. Foi ministro de Asuntos Exteriores de Afganistán entre o 22 de decembro de 2001 e o 21 de marzo de 2006, sendo substituído no cargo por Rangin Dadfar Spanta.[1] Como moitos afgáns, utiliza soamente un nome, aínda que se refiren a el en moitas ocasións como Abdullah Abdullah.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou oftalmoloxía no Departamento de Medicina da Universidade de Cabul, licenciándose en 1983 e traballando posteriormente na cidade até 1985. Máis tarde colaborou cos refuxiados afgáns en Paquistán, onde entrou en contacto cos muxahidin.[3] O doutor Abdullah uniuse á fronte de Resistencia de Panjshir, e en 1986 converteuse no conselleiro de Ahmed Shah Massoud, un líder fundamentalista.[3]

Abdullah foi Ministro de Exteriores do goberno da Fronte Unida Afgán dende 1998. Tralo asasinato de Massoud en 2001 pasou a ser unha das tres figuras máis importantes da Alianza do Norte e posteriormente do Goberno Transicional Afgán xunto ós ministros anteriores Mohammed Fahim e Yunus Qanuni, sendo os tres considerados os líderes da facción de etnia taxica, aínda que a nai de Abdullah é de etnia paxta.[3] Ocupou o cargo de Ministro de Asuntos Exteriores dende 2001 até o 21 de marzo de 2006. Foi dos poucos ministros pertencentes á Alianza do Norte que non perderon a súa carteira tralas eleccións presidenciais de 2004.[3] En agosto de 2009 presentouse como independente ás eleccións presidenciais como principal rival de Hamid Karzai segundo varias enquisas e analistas políticos.[4] Na primeira volta das eleccións celebradas o 20 de agosto obtivo un 30,59% dos votos, o segundo mellor resultado detrás do Karzai. Porén, as eleccións estiveron salpicadas de múltiples escándalos de fraude e manipulación electoral en favor de Karzai provocando críticas contra el, a Comisión Electoral e as organizacións internacionais responsables de vixiar a transparencia. Abdullah, afirmando que as condicións nas que ía celebrarse a segunda volta fixada para o seguinte 7 de novembro serían semellantes, anunciou a súa retirada das eleccións; o que se traduciu ó día seguinte na confirmación de Karzai como vencedor e presidente de Afganistán para os seguintes 5 anos.[5][6]

Volveu presentarse como candidato para as eleccións presidenciais de 2014. As sondaxes preelectorais sitúarono como uns dos principais favoritos.[7]

  1. "Afghan foreign minister loses job". BBC News. 
  2. "Abdullah? Or Abdullah Abdullah?". Slate.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2018. Consultado o 11 de febreiro de 2019. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Profile: Abdullah Abdullah". BBC News. 
  4. [Ligazón morta]
  5. Mayte Carrasco. "Abdullah no se presentará a la segunda vuelta en Afganistán". Público. 
  6. "Karzai, declarado presidente electo de Afganistán". Público/Agencias. 
  7. Matthew Rosenberg. "Polling Comes to Afghanistan, Suggesting Limit to Sway of President Karzai". The New York Times. 
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy