Adolf Meyer (arquitecto)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de xuño de 1881 Mechernich, Alemaña |
Morte | 14 de xullo de 1929 (48 anos) Baltrum, Alemaña |
Causa da morte | afogamento |
Educación | Kunstgewerbeschule Düsseldorf (en) |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto, deseñador |
Empregador | Bauhaus Städelschule (en) |
Alumnos | Hedda Wiedersheim-Paul (en) |
Adolf Meyer, nado en Mechernich, Eifel, en 1881 e finado en Baltrum en 1929, foi un arquitecto alemán.
Carreira
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Cursou os seus estudos na rexión de Eifel, en Köln e na Escola de Arte de Düsseldorf desde 1904, con Peter Behrens e Johannes Ludovicus Mattheus Lauweriks.
Primeiros traballos de arquitectura
[editar | editar a fonte]En 1907, Behrens contratouno para traballar no seu estudio en Berlín. Entre 1909 e 1910, Meyer traballou para Bruno Paul e ese mesmo ano Walter Gropius contratouno como xerente no seu estudio en Neubabelsberg.[1]
Profesor na Bauhaus
[editar | editar a fonte]Da man de Gropius, foi profesor na Bauhaus entre 1919 e 1925, un centro de estudo cun revolucionario método de aprendizaxe, que reivindicaba as vangardas, a unidade entre arte e artesanía, ao xeito que os movementos do Arts & Crafts ou o Wchutemás de Moscova, e facía especial énfase na colaboración entre alumnos e docentes. Iso deu lugar a unha multiplicidade de estilos e producións, que derivou entre outras cousas no racionalismo na arquitectura moderna (en especial após a dirección de Mies van der Rohe e o exilio por causa do nazismo) e na formación de centros experimentais posteriores como a Escola de Ulm. Adolf Meyer foi responsábel da compilación e desenvolvemento tipográfico do libro Ein Versuchshaus (unha casa prototipo, onde se expresaban as ideas troncais da escola).[1]
Non confundir con Hannes Meyer, outro arquitecto alemán profesor na Bauhaus, e segundo director da escola.
Arquitecto en Weimar
[editar | editar a fonte]Despois das presións crecentes dos nazis, a Bauhaus tivo que trasladarse a Dessau e logo a Berlín antes de pasar ao exilio (New Bauhaus, Black Mountain College, etc.), porén Adolf Meyer decidiu ficar en Weimar e continuar a súa carreira como arquitecto independente.[1]
Obra
[editar | editar a fonte]En 1926 foi nomeado arquitecto municipal de Frankfurt, onde realizou a maior parte das súas obras. As súas obras máis recoñecidas foron as realizadas xunto a Walter Gropius, director da Bauhaus, que contou con el como docente, e con quen colaborou na Fábrica Fagus (1910-1911) e no Teatro Municipal de Jena (1922-1923), onde tamén fixo o Planetario.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Biography". www.bauhauskooperation.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2022. Consultado o 2022-04-17.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adolf Meyer |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Susan R. Henderson. "Building Culture: Ernst May and the New Frankfurt Initiative, 1926-1931." Peter Lang, 2013.