Aethelstan de Kent
Nome orixinal | (ang) Æthelstan |
---|---|
Biografía | |
Morte | década de 850 |
Rei de Kent | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Familia | Casa de Wessex |
Fillos | Ethelweard (?) |
Pais | Aethelwulf de Wessex (probabelmente) Ecgberht de Wessex (posiblemente) e Osburga (probabelmente) Redburga (posiblemente) |
Irmáns | Etelsvita Aethelbald de Wessex Aethelberht de Wessex Aethelred I de Wessex Alfredo o Grande |
Aethelstan, finado en 852, o fillo máis vello do rei Aethelwulf de Wessex, era rei de Kent en 839, so a autoridade de seu pai que o nomeou.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]As últimas versións da Crónica Anglosaxoa describen a Aethelstan como irmán de Aethelwulf, pero as versións A, B e C, e a Crónica de Etelveardo, afirman que era fillo de Aethelwulf.[2] Algúns historiadores argumentan que é máis probábel que fose un irmán, incluíndo Eric John, en 1966,[3] e Ann Williams, en 1978.[4] No entanto, en 1991, Ann Williams describiuno como fillo de Aethelwulf,[5] e isto é agora xeralmente aceptado polos historiadores, inclusive Frank Stenton,[2] Barbara Yorke,[6] e D.P. Kirby.[7]
Cando Aethelwulf se tornou rei dos saxóns occidentais en 839 coa morte de seu pai, Egberto de Wessex, nomeou a Aethelstan para gobernar Kent, Essex, Surrey e Sussex. É denominado rei na Crónica anglosaxoa e a crónica de Aethelweard chámao "Rei dos Moradores en Kent, dos saxóns do leste, dos saxóns do Sur e de Surrey". Atestou unha serie de cartas de seu pai como rei os anos de 840.
Morte
[editar | editar a fonte]En 851, Aethelstan e o mordomo Ealhhere derrotaron unha frota e un exército viquingos en Sandwich, Kent, descrito por Frank Stenton como "a primeira batalla naval rexistrada da historia inglesa".[8] Aethelstan non é mencionado despois de 851 e probabelmente morreu antes de Aethelwulf ir para Roma en 855, xa que non foi incluído no réxime de goberno do reino durante a ausencia de seu pai.[9] En 853, Ealhhere morreu nunha grave derrota dos homes de Kent e Surrey fronte aos viquingos e, como Aethelstan non é mencionado como participante na batalla, seguramente, xa estaba morto daquela.[10]
Durante unhas escavacións en Old Minster, Winchester, apareceu soterrado o corpo dun mozo de entre 25 e 35 anos de mediados do século IX. Polo tocado e a localización na nave especulouse sobre a súa condición real e se barallou como posibilidade que fose Aethelstan.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nelson, Janet L. (23 de setembro de 2004). "Æthelwulf". oxforddnb.com (en inglés). doi:10.1093/ref:odnb/8921. Consultado o 26 de novembro de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 Stenton (1971), p. 236, n. 1
- ↑ John (1966), p. 41, n. 1
- ↑ Williams (1978), "Some notes", pp. 145, 225, n. 10
- ↑ Williams (1979), "Athelstan"
- ↑ Yorke (1990), p. 148
- ↑ Kirby (2000), p.160
- ↑ Stenton (1971), p. 244
- ↑ Keynes & Lapidge (1983), pp. 69, 231-2, 235
- ↑ Smyth (1955), p. 11
- ↑ Yorke (2021), p. 65
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- John, Eric (1966). Orbis Britanniae. Leicester University Press.
- Keynes, Simon; Lapidge, Michael, eds. (1983). Alfred the Great: Asser's Life of King Alfred & Other Contemporary Sources. Penguin Classics. ISBN 978-0-14-044409-4.
- Kirby, D.P. (2000). The Earliest English Kings (Revised ed.). Routledge. ISBN 0-415-24211-8.
- Nelson, Janet L. (2004). "Æthelwulf (d. 858), king of the West Saxons". Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press. doi:10.1093/ref:odnb/39264. Consultado o 23 October 2012. require subscrición
- Stenton, Frank (1971). Anglo-Saxon England (3rd ed.). Oxford University Press. ISBN 978-0-19-280139-5.
- Williams, Ann (1979). Brown, R. Allen, ed. "Some notes and considerations on problems connected with the English royal succession 860-1066". Proceedings of the Battle Conference on Anglo-Norman Studies (The Boydell Press). ISBN 0-85115-107-8.
- Williams, Ann (1991). "Athelstan king of Kent d. c. 852". En Williams, Ann; Smyth, Alfred P.; Kirby, D. P. A Biographical Dictionary of Dark Age Britain. Seaby. ISBN 1-85264-047-2.
- Yorke, Barbara (1990). Kings and Kingdoms in Early Anglo-Saxon England. Seaby. ISBN 1-85264-027-8.