Saltar ao contido

Afognak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaAfognak
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deArquipélago Kodiak (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaArquipélago Kodiak (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaAlasca, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Mapa
 58°15′N 152°30′O / 58.25, -152.5
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións37 (ancho) × 69 (lonxitude) km
Superficie1.809 km² Editar o valor en Wikidata

Afognak (en alutiiq: Agw’aneq[1], ruso: Афогнакъ[2]) é unha illa de Alasca nos Estados Unidos, situada a 5 km ao norte da illa Kodiak e separada do continente polo estreito de Shelikof.

Está a 69´2 km. de leste a oeste e 37 km de norte a sur e ten unha superficie de 1.812´58 km², polo que é a 18ª illa máis grande dos Estados Unidos. A costa está dividida por moitas baías longas e estreitas. O punto máis alto ten 776 m.

Os densos bosques de abetos de Afognak son o fogar de osos marróns, alces de Roosevelt e cervos de Sitka. Moitas persoas visitan a illa para cazar e pescar.

Regato que flue desde o lago Malina

Habitada por aleutianos dende o 4.000 a.C. basea a súa economía na pesca e caza, e no intercambio comercial con outras illas.
En 1784 os rusos chegaron á illa, obrigando a moitos aleutianos a deixar a illa para traballar nos navíos rusos. O andazo de varíola de 1837-1840 matou gran parte da poboación nativa da illa. Unha comunidade de empregados retirados da Compañía Ruso-Americana asentouse ao carón da principal vila aleutiana da illa, co tempo acabou por se unir con ela, creando unha comunidade mixta.

O censo dos Estados Unidos de 1890 observou unha serie de asentamentos ao longo da liña de praia preto da aldea alutiiq de Ag’waneq (coñecida tamén como Afognak), incluíndo a vila de Rutkovsky, habitado por un grupo de empregados xubilados da Compañía ruso-americana.

A erupción do Volcán Katmai en 1912 cubriu a vila de Afognak de lava e foi abandonada en 1964 polos seus 200 habitantes despois dun tsunami que arrasou a illa, a poboación asentouse na veciña illa de Kodiak, creando a vila de Port Lions, onde constituíron a Native Village of Afognak, tribo recoñecida polo goberno federal.

Ag'waneq foi abandonado despois do terremoto do Venres Santo de 1964 que devastou a illa. Os descendentes dos nativos de Alasca da illa recoñécense oficialmente como habitantes da aldea nativa de Afognak. A maioría deles agora viven en Port Lions ou Kodiak.

A principios do século XXI, existían algúns pequenos campamentos madeireiros e albergues de pesca na illa. Unha comunidade de rusa de Vellos creentes viven en Aleneva. A economía baséase na subsistencia e na explotación forestal. O transporte está proporcionado por un hidroavión de flotadores desde Kodiak ás varias áreas ao redor da illa. O Censo dos Estados Unidos do 2000 informaba unha poboación de 169 persoas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy