Agatha Christie e a verdade do crime
Agatha Christie e a verdade do crime | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Agatha and the Truth of Murder |
Director | Terry Loane |
Produtor | Brett Wilson |
Guión | Tom Dalton |
Intérpretes |
|
Música | Andrew Simon McAllister |
Fotografía | Damien Elliott |
Montaxe |
|
Estudio | Darlow Smithson Productions |
Distribuidora | Kew Media |
Estrea | 23 de decembro de 2018 6 de xaneiro de 2023 (TVG) |
Duración | 93 minutos |
Orixe | Reino Unido |
Xénero | Drama |
Na rede | |
https://www.channel5.com/show/agatha-the-truth-of-murder/ | |
Agatha Christie e a verdade do crime (en inglés: Agatha and the Truth of Murder) é un filme británico de 2018 dirixido por Terry Loane. Conta a historia da escritora Agatha Christie que se ve envolta nun caso de asasinato na vida real durante a súa desaparición de 11 días en 1926.[1] Escrito por Tom Dalton, representa a Christie investigando o asasinato da afillada de Florence Nightingale, Florence Nightingale Shore, que se basea en persoas e acontecementos reais,[2] e como a súa implicación neste caso influíu na súa escritura posterior.
O filme estreouse en Channel 5 no Reino Unido o 23 de decembro de 2018, converténdose no programa máis popular da cadea durante o período de Nadal e no segundo programa de ficción mellor valorado do ano.[3] Estreouse en galego o 6 de xaneiro de 2023 a través da TVG.[4][5]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Dean Andrews como Wade Miller
- Ruth Bradley como Agatha Christie
- Bebe Cave como Daphne Miller
- Amelia Rose Dell como Rosalind
- Richard Doubleday como Postmaster Wilson
- Derek Halligan como Mr Todd
- Blake Harrison como Travis Pickford
- Pippa Haywood como Mabel Rogers
- Stacha Hicks como Florence Nightingale Shore
- Ralph Ineson como Detective Inspector Dicks
- Brian McCardie como Sir Hugh Persimmion
- Michael McElhatton como Sir Arthur Conan Doyle
- Tim McInnerny como Randolph
- Clare McMahon como Carlo
- Liam McMahon como Archibald Christie
- Seamus O'Hara como PC Spencer
- Luke Pierre como Zaki Hanachi
- Joshua Silver como Franklin Rose
- Samantha Spiro como Pamela Rose
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jackson, Lorne (29 de decembro de 2018). "TV review: Agatha & the Truth of Murder". The Herald. Consultado o 6 de febreiro de 2019.
- ↑ Cook, Rosemary (7 de outubro de 2015). The Nightingale Shore Murder. Troubador. ISBN 9781784624040.
- ↑ Bhavnani, Sanjeev (2 de xaneiro de 2019). "Channel 5 delivers best ever ABC1 ratings in 2018". Advanced Television. Consultado o 6 de febreiro de 2019.
- ↑ @AntRubal (ed.). "Agatha Christie e a verdade do crime na TVG". Consultado o 17 de xaneiro de 2023.
- ↑ @DobraxeGalega (ed.). "Filmes dobrados ao galego na TVG en 2023". Consultado o 3 de xaneiro de 2024.