Saltar ao contido

AirAsia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
AirAsia
IATA
AK
OACI
AXM
Indicativo
RED CAP
Fundación20 de decembro de 1993
Inicio das operacións16 de novembro de 1996
Aeroporto principalaeroporto internacional de Kuala Lumpur
Plan de voo frecuenteBIG Loyalty Programme
SubsidiariasAirAsia X
Indonesia Airasia
Indonesia AirAsia X
Thai AirAsia
Frota92
Destinos74
HoldingTune Group
Eslogan da compañíaNow Everyone Can Fly
Sedeaeroporto internacional de Kuala Lumpur
Páxina web: http://www.airasia.com

AirAsia Berhad é unha aeroliña de baixo custo malaia coa súa sede preto de Kuala Lumpur. É a aeroliña máis grande de Malaisia por tamaó de frota e destinos. O AirAsia Group opera voos regulares domésticos e internacionais a máis de 165 destinos en 25 países.[1] O seu principal centro de conexións é o aeroporto internacional de Kuala Lumpur. As súas compañías afiliadas Thai AirAsia, Indonesia AirAsia, Philippines AirAsia e AirAsia India teñen centros de conexión nos aeroportos de Don Mueang, Soekarno-Hatta, Ninoy Aquino e Kempegowda respectivamente, mentres que a súa aeroliña irmá AirAsia X, céntrase en rutas de longo alcance.

AirAsia opera co custo unitario máis baixo do mundo de 0,023 dólares por asento dispoñible cada quilómetro, e cun factor de carga rendible do 52%. Ten cubertas o 100% das súas necedidaes de combustible para os próximos tres anos, logra un tempo de cambio dos avións de 25 minutos, ten un nivel de produtividade de tripulacións mellor que o de Malaysia Airlines e unha taxa de utilización media dos avións de 13 horas por día. No ano 2007 The New York Times describiu á aeroliña como unha "pioneira" da viaxe de baixo custo en Asia.[2] AirAsia é patrocinadora das seleccións de fútbol de Malaisia e de Singapur, e do Queens Park Rangers F.C. Tamén foi patrocinadora do Manchester United e da xira da cantante Taylor Swift The Red Tour en Asia.

En febreiro de 2018 a frota de AirAsia (quitando subsidiarias) estaba formada polos seguintes avións:[3]

Frota de AirAsia
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
Airbus A320-200 74 180
Airbus A320neo 18 252 186 [4]
Airbus A321neo 100[5] 236
Total 92 352
  1. Routes Online (ed.). "AirAsia". Consultado o 30 de abril de 2018. 
  2. The New York Times (ed.). "Does Low Cost Mean High Risk?". Consultado o 30 de abril de 2018. 
  3. Centre for Aviation (ed.). "AirAsia up-gauges with a 100 A321neo order; outlook improves and China in its sights". Consultado o 30 de abril de 2018. 
  4. Airbus (ed.). "AirAsia receives its first A320neo". Consultado o 30 de abril de 2018. 
  5. Aviation Week (ed.). "AirAsia Orders 100 Airbus A321neos". Consultado o 30 de abril de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy