Saltar ao contido

Ajuria Enea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ajuria Enea
Fachada principal
Coordenadas42°50′27″N 2°40′44″O / 42.8408, -2.67889
editar datos en Wikidata ]

Ajuria Enea é un palacio da cidade vasca de Vitoria que constitúe a residencia oficial do lehendakari da comunidade autónoma do País Vasco. O seu nome provén da separación en dúas palabras de "Ajuriaenea", denominación en éuscaro que está composta polo apelido da familia que construíu o pazo, os Ajuria, declinado en éuscaro na forma do xenitivo, vindo a significar "de Ajuria".

A decisión de converter o Pazo de Ajuria Enea en residencia oficial do lehendakari tomouse baseándose nos valores arquitectónicos do edificio, acorde á función política á que ía destinado. Foi o 13 de outubro de 1980 cando o Goberno Vasco formalizou a adquisición dos terreos á súa antiga propietaria, a Deputación Foral de Áraba. Ese mesmo ano, Carlos Garaikoetxea, primeiro presidente do País Vasco da democracia, ocupou oficialmente o edificio.

Tras converterse en 1920 na residencia da familia Ajuria, o edificio foi traspasado en 1966 á orde relixiosa das Nais Escolapias, as cales a transformaron nun centro de ensino. Seis anos despois, en 1972, foi adquirido pola Deputación Foral de Áraba para convertelo no museo de arte vasca.

O centro abriu as súas portas ao público en 1978 e durante os dous anos seguintes, miles de persoas percorreron as súas estanzas contemplando as xoias pictóricas que colgaban das súas paredes.

Aínda que a Deputación Foral de Biscaia ofreceu o Pazo de Artaza como residencia do Lehendakari (xunto co antigo seminario de Derio como edificio para o Goberno Vasco e o Deposito Franco de Bilbao para o Parlamento Vasco), a primeira lei do Parlamento fixou Vitoria como a sede das institucións vascas.

Unha vez tomada a decisión de convertelo definitivamente na residencia oficial do lendakari, acometeuse unha remodelación interna do edificio consistente na transformación da última planta en vivenda e a adecuación do resto do pazo ás funcións dun presidente de Goberno. A titularidade definitiva do Pazo de Ajuria Enea pasou ás mans da comunidade autónoma o 14 de marzo de 1989.

Arquitectura

[editar | editar a fonte]

Situado no paseo Fray Francisco do barrio de Mendizorrotza, en Vitoria, o Pazo de Ajuria Enea foi construído en 1920 polo arquitecto suízo Alfredo Baeschlin e o contratista Hilarión San Vicente, a instancias dun industrial vitoriano chamado Serafín Ajuria Urigoitia, que fixo fortuna coas súas fábricas en Araia e Vitoria, unha das zonas residenciais máis notables da cidade.

O seu aspecto exterior presenta todos os elementos arquitectónicos da arte neovasco: dobre arcada na planta baixa, tres ventanais centrais unificados con ocos balconados e elementos heráldicos no primeiro piso, ventás de arco de medio punto xunto aos esquinais cilíndricos coroados en arcobotantes da planta superior, e un amplo aleiro rematado en belos pináculos alzados cara ao ceo na cuberta.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy