Saltar ao contido

Akranes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAkranes
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 64°19′00″N 22°06′00″O / 64.3167, -22.1
País insularIslandia
RexiónVesturland
ConcelloAkraneskaupstaður (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación7.997 (2023) Editar o valor en Wikidata (888,56 hab./km²)
Xeografía
Superficie9 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude9 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1604 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal300 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Sitio webakranes.is Editar o valor en Wikidata
Peirao de Akranes, Islandia.

Akranes é unha cidade portuaria de 7 997 habitantes (estimación do 1 de xaneiro do 2023)[1] na costa oeste de Islandia.

A historia da cidade remóntase á época dos asentamentos, cando 880 persoas de orixe irlandesa se estableceron na zona, unha rexión fértil aos pés do monte Akrafjall. A mediados do século XVII, o bispo Brynjólfur Sveinsson do arcebispado de Skálholt trasladou varias embarcacións para comezar a pesca pola zona, creando o primeiro porto pesqueiro de todo o país. Esta actividade mantívose ata a actualidade. En 1864 a cidade obtivo garantías do rei dinamarqués para converterse en centro comercial, o que impulsou o estabelecemento de moitas empresas dedicadas ao intercambio de produtos do interior do país por produtos marítimos.

A cidade comezou a formarse no século XIX a partir da vila de pescadores, e en 1942 foi oficialmente catalogada como cidade e nos anos seguintes experimentou o maior aumento de poboación da súa historia. Espérase que a cidade continúe a medrar nos próximos anos por mor do crecemento industrial e polas melloras das comunicacións coa capital. En 1998 inaugurouse un túnel de 5,57 km por baixo do Hvalfjörður, un dos maiores túneles submarinos do mundo, reducindo a distancia entre Akranes e Reiquiavik en 45 km. A industria foi o maior e crecente fonte xeradora de emprego. O comercio tamén é un importante creador de emprego xa que Akranes funciona como centro de servizos e comercio para unha extensa área rural que a rodea.

Outros datos de Akranes

[editar | editar a fonte]

Akranes ten unha longa tradición futbolística e o seu equipo, o IA Akranes, foi moitas veces o gañador da Liga islandesa. Siggi Jonsson, ex-centrocampista do Sheffield Wednesday e do Arsenal, naceu en Akranes e foi xogador do IA durante tres tempadas.

  1. "All Urban Settlements (Iceland): Urban Localities in Municipalities". www.citypopulation.de (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy