Saltar ao contido

Alberico I de Spoleto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlberico I de Spoleto
Biografía
Nacementoséculo IX (<889 (Gregoriano)) Editar o valor en Wikidata
Morte924 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Orte, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuke of Spoleto (en) Traducir (898–922)
Margrave of Camerino (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMarozia (909–924) Editar o valor en Wikidata
FillosAlberico di Roma Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Spoleto-24

Alberico I foi margrave de Camerino e duque de Spoleto. Fíxose co poder o 898 despois de asasinar ao margrave e duque Guido IV de Spoleto a finais do 897.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É mencionado como paxe de Guido IV na batalla de Trebia o 889. Probabelmente recibiu o feudo do condado de Fermo. Teceu alianzas que lle permitíron ser proclamado duque despois de asasinar ao seu señor o 897. O rei de Italia, Berengario de Friúl recoñeceuno o 888. Alberico combateu xunto co rei contra os húngaros que invadiran Italia (899-900).

Alberico aliouse ao seu veciño Adalberto II de Toscana contra o Papa Serxio III e bloquearon a vía ata Roma para impedir que Berengario fose a Roma e fose coroado emperador (906-907). Forxou tamén unha alianza estreita coa familia dos Crescentii de Roma, e casou con Marozia, filla de Teofilacto I conde de Tusculum e Teodora, e recibiu o título de Patricio dos romanos (Patricius romanorum). A pesar de que nunca foi conde de Tusculum, chámaselle en Tusculum Alberico I.

Foi unha dos xefes da Liga cristiá que combateu aos sarracenos en xuño de 915 en Garigliano e logrou unha vitoria decisiva. Formaban a liga o Papa Xoán X, Alberico de Camerino e Spoleto, Teofilacto de Tusculum, Adalberto II de Toscana, os bizantinos (Nicolas Picingli, catapán de Bari), Guaimaro II de Salerno, Landulfo I de Benevento, Atenulfo II de Capua, Xoán I e Docibilis II de Gaeta, e Gregorio IV e Xoán II de Nápoles. Despois da batalla Alberico I recibiu o título de cónsul dos romanos. Aparece por última vez no Liber largitorius da abadía de Farfa o 917.

Foi asasinado en Orte despois de fuxir de Roma (sobre 924). Foi o pai de Alberico II de Tusculum.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy