Saltar ao contido

Aleksandr Stepanovich Popov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAleksandr Stepanovich Popov

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de marzo de 1859 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Krasnoturyinsk, Rusia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte31 de decembro de 1905 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata (46 anos)
San Petersburgo, Rusia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehemorraxia cerebral Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaLiteratorskie mostki Editar o valor en Wikidata
EducaciónPerm Theological Seminary (en) Traducir
Faculty of Physics and Mathematics of the Saint Petersburg University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, enxeñeiro, inventor, pedagogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorSaint Petersburg State Electrotechnical University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Interesado enFísica e enxeñaría eléctrica Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Попов Александр Степанович)
Enciclopedia militar Sytin
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
Find a Grave: 12448492 Editar o valor en Wikidata

Aleksandr Stepanovich Popov (en ruso: Алекса́ндр Степа́нович Попо́в), nado en Turyinskiye Rudniki o 4 de marzo de 1859 e finado en San Petersburgo o 13 de xaneiro de 1906 (31 de decembro de 1905 no calendario xuliano), foi un físico ruso, unha das primeira persoas que inventou un aparato receptor de radio.[1][2][3]

O traballo de Popov como profesor da escola naval de Rusia levouno a explorar o fenómeno da alta frecuencia eléctrica. O 7 de maio de 1895 presentou un artigo sobre un detector de raios sen fíos que construíra empregando un cohesor para detectar ruído de radio dos raios. Ese día celébrase en Rusia o Día da Radio. Nunha demostración o 24 de marzo de 1896 transmitiu sinais de radio a 250 metros entre edificios do campus de San Petersburgo. O seu traballo estaba baseado no doutro físico, Oliver Lodge, e foi contemporáneo co de Guglielmo Marconi.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Popov naceu en 1859 en Turyinskiye Rudniki, actual Krasnoturyinsk, nos Urais e estudou na Universidade Estatal de San Petersburgo. Foi o inventor da antena e con ela puido facer transmisións de ondas electromagnéticas a distancia.

Dende 1890 continuou os experimentos de Hertz. Construíu o seu primeiro receptor de radio en 1894 e posteriormente presentouno ante a Sociedade Rusa de Física e Química. Dende 1901 foi profesor do Instituto Electrotécnico.

En 1945, no 50 aniversario do experimento de Popov, a Unión Soviética converteu o 7 de maio nun día festivo, o Día da Radio, día en que afirman que inventou a radio. Os historiadores indican que esta festa puido ser máis debido á política da guerra fría máis que por evidencias históricas.[4][1][3] O Día da Radio continúa a ser oficial en Rusia e Bulgaria.

Un planetoide, 3074 Popov, descuberto pola astrónoma soviética Lyudmila Zhuravlyova en 1979, recibiu o seu nome.[5]

  1. 1,0 1,1 Smith-Rose, Reginald Leslie (2013). "Alexandr Popov". Encyclopædia Britannica Online. Encyclopædia Britannica, Inc. Consultado o 6 de novembro de 2013. 
  2. McKenna, Joe (2007). "Aleksandr Popov's Contributions to Wireless Communication". IEEE Engineering Hall of Fame. Institute of Electrical and Electronic Engineers. Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2013. Consultado o 6 de novembro de 2013. 
  3. 3,0 3,1 (author name redacted) (xaneiro de 1960). "Did Alexandr Popov invent radio?" (PDF). NSA Technical Journal (Estados Unidos: National Security Agency) 5 (1): 35–41. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de novembro de 2013. Consultado o 24 de xullo de 2020. 
  4. Sungook Hong, Wireless: From Marconi's Black-box to the Audion, page 1
  5. Dictionary of Minor Planet Names, 2003, vol.1, páx.253

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Alexander Popov: Russia's Radio Pioneer de James P. Rybak

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy