Aleqa Hammond
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de setembro de 1965 (59 anos) Narsaq, Groenlandia |
5ª Primeira ministra de Groenlandia | |
5 de abril de 2013 – 30 de setembro de 2014 ← Kuupik Kleist – Kim Kielsen → | |
Deputada do Parlamento de Dinamarca | |
Lexislatura: Folketing 2015–2019 (en) | |
Deputado do Parlamento de Groenlandia | |
Datos persoais | |
Relixión | Nova Igrexa Apostólica |
Educación | Universidade de Groenlandia Nunavut Arctic College |
Actividade | |
Ocupación | política |
Partido político | Nunatta Qitornai (2018–) Siumut (–2016) |
Aleqa Hammond, nada en Narsaq o 23 de setembro de 1965, é unha política groenlandesa e exmembro do Folketing (parlamento) dinamarqués. Antiga líder do partido Siumut, converteuse na primeira muller primeira ministra de Groenlandia despois de que o seu partido emerxese como a facción parlamentaria máis grande do país nas eleccións de 2013.[1] En 2014 deixou o cargo de primeira ministra e líder de Siumut, tras un caso de malversación de fondos públicos. Foi expulsada de Siumut o 23 de agosto de 2016 tras outro caso de mal uso de fondos públicos e converteuse nunha política independente.[2] O 31 de marzo de 2018 anunciou que se presentaría ás eleccións xerais de Groenlandia de 2018 en represetación do partido Nunatta Qitornai, unha escisión de Siumut.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Narsaq, mais criouse en Uummannaq.[4] O seu pai Piitaaraq Johansen morreu nunha viaxe de caza cando ela tiña sete anos despois de caer polo xeo.[5] Asistiu ao Colexio Ártico de Nunavut en Iqaluit (no Canadá) entre 1989 e 1991, antes de estudar na Universidade de Groenlandia dende 1991 até 1993.[4] Nunca completou os seus estudos.
En 1993, comezou a traballar para "Turismo de Groenlandia" como coordinadora rexional na baía de Disko. En 1994, utilizou un cuarto de hotel e proporcionou conscientemente unha tarxeta de crédito que fora bloqueada (por abusos anteriores) para cubrir a factura de 5.000 kr, e foi condenada por fraude en 1996.[6] En 1995, converteuse en Oficial de Información na secretaría do Gabinete, antes de traballar para a oficina de Turismo de Nuuk dende 1996 até 1999. Entre 1999 e 2003, foi comisaria do Consello Circumpolar Inuit, e tamén traballou nos Xogos de Inverno do Ártico de 2002. De 2004 a 2005 traballou na industria do turismo en Qaqortoq como guía turística.[4]
Carreira política
[editar | editar a fonte]Foi elixida por primeira vez para o Parlamento de Groenlandia nas eleccións de 2005,[7] e foi nomeada conselleira de Familia e Xustiza.[8] En 2007, converteuse en ministra de Finanzas e Asuntos Exteriores, pero en 2008 dimitiu oficialmente en protesta polo tamaño do déficit orzamentario do goberno.[5]
Logo de que Siumut perdese as eleccións de 2009, substituíu a Hans Enoksen como líder do partido. Nas eleccións de 2013, recibiu o maior número de votos persoais.[9] Como primeira ministra expresou a súa esperanza de experimentar que Groenlandia se converta nun país independente. Ela dixo: "Estamos a falar de construír unha nación a nivel mental. Manifestarémonos como pobo e esixiremos o que nos corresponde. Asumiremos a responsabilidade por nós mesmos e polas nosas familias. E como políticos asumiremos a responsabilidade do noso país".[10] O 1 de outubro de 2014, Hammond tomou unha excedencia porque estaba a ser investigada por un escándalo de gastos,[11] e Kim Kielsen converteuse en primeiro ministro en funcións, e tamén a sucedeu como líder do partido Siumut. Kielsen posteriormente substituíuna permanentemente.
En 2015, Hammond foi elixida para o Folketing dinamarqués nas eleccións xerais. Con 3.745 votos, obtivo o maior número de votos persoais en Groenlandia.[12] Foi expulsada do partido Siumut o 23 de agosto de 2016 logo dun caso de abuso da súa tarxeta de crédito do Folketing para gastos privados e converteuse en independente. En 2017, converteuse en presidenta do Comité de Groenlandia tras un acordo de apoio ao goberno de centro dereita. O 31 de marzo de 2018, anunciou a súa candidatura ao parlamento groenlandés en representación de Nunatta Qitornai.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]É membro da Nova Igrexa Apostólica.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mining proponents win Greenland election". AP, 13 de marzo de 2013
- ↑ "Aleqa Hammond er ekskluderet fra Siumut | KNR". Arquivado dende o orixinal o 2018-04-01. Consultado o 2018-03-31.
- ↑ "Reference at sermitsiaq.ag". Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2018. Consultado o 12 de marzo de 2024.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Aleqa Hammond". Arquivado dende o orixinal o 2013-04-12. Consultado o 2013-03-13. Siumut (en dinamarqués)
- ↑ 5,0 5,1 "Beyond the ice". TheGuardian.com. 11 de decembro de 2008. The Guardian, 11 de decembro de 2008
- ↑ Hyltoft, Vibe; Bent Højgaard Sørensen (25 de outubro de 2013). "Grønlands regeringschef tav om gammel dom for bedrageri". Consultado o 15 de novembro de 2013.
- ↑ "Greenland vote likely headed for a squeaker this March 12". 11 de marzo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2018. Consultado o 13 de marzo de 2013. Nunatsiaq Online, 11 de marzo de 2013
- ↑ 8,0 8,1 "Aleqa Hammond is the new Minister for Family and Justice in Greenland". 11 de xaneiro de 2021. New Apostolic Church, 22 de decembro de 2005
- ↑ "Greenlanders vote for change". Arquivado dende o orixinal o 2013-03-14. Consultado o 2013-03-13. Copenhagen Post, 13 de marzo de 2013
- ↑ "Greenland's Aleqa Hammond inspired by Nelson Mandela". Nordic Labour Journal. 13 de abril de 2013.
- ↑ "Reference at www.thelocal.dk".
- ↑ "Result of the Danish general election 2015 in Greenland". Arquivado dende o orixinal o 2015-06-21. Consultado o 2015-06-21. Qinersineq
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aleqa Hammond |
- Nados en 1965
- Nados en Groenlandia
- Alumnos da Universidade de Groenlandia
- Alumnos do Colexio Ártico de Nunavut
- Primeiros ministros de Groenlandia
- Ministros de Finanzas de Groenlandia
- Ministros de Xustiza de Groenlandia
- Ministros de Asuntos Exteriores de Groenlandia
- Políticos de Siumut
- Deputados do Parlamento de Groenlandia
- Nacionalistas groenlandeses