Alimentación
A alimentación consiste na obtención, preparación e inxestión dos alimentos. A nutrición é o proceso mediante o cal os alimentos inxeridos se transforman e se asimilan, é dicir, incorpóranse ó organismo dos seres vivos, que deben comer san e observando a nutrición. Por extensión, chámase tamén alimentación á subministración de enerxía ou materia prima necesarias para o funcionamento de certas máquinas.
Alimentación humana
[editar | editar a fonte]Os seres vivos necesitamos, ademais da auga, que é vital, unha variada e equilibrada alimentación que é fundamental para a vida. Unha dieta correcta debe conter cantidades axeitadas de proteínas, lípidos, glícidos, vitaminas e minerais. A base dunha boa nutrición reside no equilibrio, a variedade e a moderación da nosa alimentación. Pero a alimentación moderna urbana é moi frecuentemente desequilibrada, desestruturada e adóitase xuntar cunha vida cada vez máis sedentaria.
Xa desde hai 2.400 anos, coñecíase a relación entre a alimentación e a saúde: Hipócrates dicía que a nosa alimentación era a nosa medicina. É ben sabido que os factores alimentarios están asociados a enfermidades coma a diabetes, a osteoporose, a obesidade e outras. A inxesta de demasiados ácidos graxos saturados e colesterol pode provocar ateroesclerose. En contrapartida, no século XX demostrouse o vínculo que hai entre as carencias alimentarias e as enfermidades graves. Estas diferentes formas de malnutrición seguen sendo, aínda agora, problemas de saúde pública.
Desordes alimentarias
[editar | editar a fonte]A mala alimentación, sumada ós trastornos psicolóxicos ou psíquicos derivados, pode ser a causa de diversas enfermidades, das que cabe salientar catro coma as máis importantes:
Día da alimentación
[editar | editar a fonte]- 16 de outubro - Día Mundial da Alimentación
- 8 de novembro - Día Europeo da Alimentación e a Cociña Sas
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Vexa a entrada do Galizionario acerca de alimentación |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Alimentación |
A Galicitas posúe citas sobre: Alimentación |