Saltar ao contido

Anoeschka von Meck

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAnoeschka von Meck
Biografía
Nacementomarzo de 1967 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Mariental, Namibia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Cidade do Cabo
Universidade de Stellenbosch (pt) Traducir
Saddleback College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, xornalista Editar o valor en Wikidata


Anoeschka von Meck, nada en Mariental en 1967, é unha escritora namibia en lingua afrikaans.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Descendente de alemáns, viviu durante un tempo en Henties Bay.[1] En 1983 mudouse aos Estados Unidos de América para rematar os estudos secundarios na Lynchburg Christian Academy en Lynchburg (Virxinia).[2] Despois proseguiu os estudos no Saddleback College en Mission Viejo (California), e despois en San Francisco estudou bioloxía mariña e relixións comparadas. Mentres vivía nos Estados Unidos gañou o Golden Poet Award, concedido pola International Poetry Society.[1]

Von Meck regresou a África e estudou arqueoloxía e relixión na Universidade de Cape Town, e Exiptoloxía na Universidade Stellenbosch.[1] Traballou como matrona nunha casa infantil e como xornalista.[2] Foi reporteira para o Die Republikein.[1]

En 2994 publicou a súa primeira novela, Vaselinetjie, coa que gañou o premio Rapport/Jan Rabie a novas voces en afrikaans, o Premio MER para literatura nova, e o Premio M-Net a textos curtos en afrikaans.[2] Se ben a novela acadou Premio MER, a intención da autora non era dirixir a obra ao público novo[3] Vaselinetjie é a historia dunha nena abandonada atipada a carón das vías do tren na costa, e adoptada por unha parella de Kleurling ("xente de color")[1]. A protagonista, Vaseline, recibe o seu nome pola súa pel brillante, debido a que os seus avós lle botaron vaselina na pel para evitar que ficase seca por mor do Sol.[3] Vaselinetjie foi adaptada a teatro, estreada en Cape Town en 2010.[2] En 2017 foi adaptada ao cinema.[4]

  • Annerkant die Longdrop, 1998
  • Vaselinetjie, 2004
  • Essie Honiball - Die Ontwaking, 2010
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Pilander, F. (29 de xuño de 2001). "Namibian Woman Excels As Film Writer". The Namibian. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2008. Consultado o 28 de outubro de 2016. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Anoeschka von Meck". Tafelberg Publishers. Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2019. Consultado o 28 de outubro 2016. 
  3. 3,0 3,1 Beckett, S. L. (2010). Crossover Fiction: Global and Historical Perspectives. Routledge. p. 130. Consultado o 28 de outubro de 2016. 
  4. "Vaselinetjie (film review)". Channel24. Consultado o 15 de setembro de 2017. 
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy