Saltar ao contido

Ansur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAnsur
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Galicia, España Editar o valor en Wikidata
Morte925 Editar o valor en Wikidata
Bispo
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde de San Bieito Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa26 de xaneiro Editar o valor en Wikidata

Santo Ansur[1] (tamén chamado Aduri, Asuri ou Isauri), finado no ano 925 foi bispo de Ourense entre o ano 915 e o 922. A súa festa litúrxica é o 26 de xaneiro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En agosto do ano 922 renunciou ao cargo e marchou como monxe ao mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, que axudou a fundar.[1] Así fixeron outros oito bispos da época: Bimarasio de Ourense; Gonzalo Osorio e Froalengo de Coímbra; Servando, Viliulfo e Paio, de Iria; e mais Afonso e Pedro de Astorga[2]. Todos finaron nese mosteiro, onde son venerados como os "Bispos santos". Foi amigo de san Rosendo.[1]

Ansur foi sepultado no claustro do mosteiro, mais no século XV movéronse os restos mortais de todos eles ao retablo da igrexa do mosteiro. Hai constancia do seu culto dende o século XIII.

  1. 1,0 1,1 1,2 "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2024-11-20. 
  2. Enrique Flórez, Manuel Risco, Antolín Merino, José de la Canal, Pedro Sainz de Baranda, Vicente de la Fuente, Carlos Ramón Fort y Pazos, Real Academia de la Historia de España, Cándido Ángel González Palencia (1763). España sagrada: Theatro geographico-historico... M. F. Rodriguez. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy