Antípodas
En xeografía, o antípoda ou os antípodas (do grego ἀντίποδες,[1] plural de antipous (ἀντίπους), "cos pés en fronte (dos nosos)",[2] anti- "oposto" e pous "pé") é o lugar da superficie terrestre diametralmente oposto a outro dado, é dicir, o lugar da superficie terrestre máis afastado.
Descrición matemática
[editar | editar a fonte]Se a forma da Terra se aproxima a unha esfera ou a un esferoide, o antípoda dun punto situado nas coordenadas xeográficas (latitude e lonxitude) (θ, φ) pode escribirse (θ ± 180 °, −φ), ou (−θ, φ ± 180 º).
A liña recta que une ambos os puntos atravesa o centro do planeta. O percorrido máis curto posible entre ambos, sobre a superficie, é duns 20 000 km.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O vocábulo aparece en Timeo, de Platón, xa referido á superficie da Terra, para explicar a relatividade dos vocábulos "sobre" e "baixo". O termo foi tomado por Aristóteles (De caelo 308a.20), Estrabón, Plutarco e Dióxenes Laercio e foi adoptado en latín como antipodes.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antípodas |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Mapa interactivo que debuxa un túnel ao outro lado do mundo.
- Earth Sandwich Map, mapa dual para localizar os antípodas de calquera lugar da Terra.
- findLatitudeAndLongitude, ferramenta interactiva para amosar os antípodas.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |