Saltar ao contido

Antonio Giráldez Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio Giráldez Rodríguez
Biografía
Nacemento15 de xaneiro de 1943 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
O Porriño, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoPorteiro
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Deportivo da Coruña

Antonio Giráldez Rodríguez, nado no Porriño o 15 de xaneiro de 1943, é un exfutbolista galego. Xogaba de porteiro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Chegou ao Deportivo da Coruña con 18 anos, no verán de 1961, procedente do Zeltia.[1] Tras non participar co equipo en toda a tempada marchou cedido ao ano seguinte ao Racing de Ferrol xunto a Guillermo e José Ramón Lamelo.[2] Nas tempadas 1963/64 e 1964/65 xogou no Fabril e na 1965/66 foi suplente de Joanet no primeiro equipo, que acabou ascendendo á Primeira División.

En novembro de 1966 marchou cedido ata o final de tempada ao Langreo, de Segunda División, onde xogaban cedidos tamén os seus compañeiros do Fabril, Cholo e Guitián.[3] Na tempada 1967–68 volveu ser o suplente de Joanet no Deportivo, de novo en Segunda, disputando 12 partidos. Ese ano foron campións e ascenderon outra vez a Primeira División.

Na tempada 1968–69 debutou en Primeira División o 29 de setembro de 1968, nunha derrota contra o RCD Espanyol (4–0). Esa campaña participou en 2 partidos, sendo o terceiro porteiro por detrás de Joanet e Andrés Mendieta. Na tempada 1969–70 non participou en ningún partido, descendendo o equipo a Segunda División ao remate do campionato.

Na tempada 1970–71 volveu ao Langreo, esta vez en propiedade.[4] No equipo asturiano fíxose co posto de porteiro titular, xogando un total de sete campañas, as dúas primeiras na Segunda División. En 1977 volveu ao Porriño, onde xogou unha tempada antes da súa retirada.[5]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Deportivo
  1. "Deportivo - Cartagena, hoy a las 7,15 en el Estadio". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de xuño de 1961. p. 5. 
  2. "Flash Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 7 de setembro de 1962. p. 5. 
  3. "Giráldez, cedido al Langreo". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 17 de novembro de 1966. p. 7. 
  4. "Girláldez retornó al Langreo". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de agosto de 1970. p. 14. 
  5. "Porriño, 2 Finisterre, 1". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 20 de decembro de 1977. p. 38. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy